La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

22, nov

Mariano Ramón Sanchez en Muros

homesdepedraenbarcosdepau En: Cousas de Muros

Para 1780 Carlos IV, sendo aínda Príncipe de Asturias, require da habilidade do pintor Mariano Ramón Sánchez para a composición dunha compilación de vistas de portos españois .

A esta inxente obra do pintor levantino non se lle ten procurado a debida atención chegándose incluso nalgunha ocasión a menosprezar a súa calidade. A transcendencia desta miscelánea de mariñas débese ponderar no contexto do intenso mecenado artístico alimentado durante estes anos polo futuro monarca, tanto na súa dimensión de mecenas como de coleccionista.

No día 3 de maio do ano 1793 Mariano Ramón chega a Muros procedente de Corcubión, onde pasará seis días aloxado nunha fonda da vila. Durante a súa estadía no noso pobo realiza dúas pinturas, unha delas e a que se pode ver aquí.

A vista esta tomada dende a altura de onde hoxe se atopa a escultura da “vella do paseo”. Pódese apreciar na pintura como era a vila naquel tempo, é de salientar a altura que posúen os soportais , pois aínda nos estaba construída a estrada que percorre o frontal da vila e que oculta parte da súa estrutura .

Tamén se pode ver o tipo de embarcacións que estaban ancoradas ou varadas na badía ; Canoas e lanchas coas súas velas de relinga , eran as embarcacións que predominaban xa naqueles días no noso porto.

Ao fondo a esquerda pódese ver tamén o antigo castelo que defendía a entrada o porto e que estaba situado no lugar que hoxe en dia ocupa a lonxa vella.

Mariano Ramon Sanchez ( Vista de Muros -1793)

Este é parte do diario de Mariano Ramón onde detalla os gastos de viaxe e mantemento durante a súa estadía en varios portos da Coruña.

Salida en 22 de Abril de 1793 para la costa de Levante asta Vigo, de donde sali de buelta a la Coruña en 1" de Junio.

En el citado 22 de Abril sali con dos caballerias una p". montar. y la otra para llevar la Camara Obscura, Mesa de Campaña, y demas equipaje por lo q'. pague asta Cayon. 24.

Id. por 2 dias q'. estube en Cayon. pague de Posada, camas, y asistencia. 22. Id. dia 25 sali para Concurbion. donde llegue el 28. haviendo pasado por Malpica, Corme. y Laje, y pague por caballerias, embarque de Corme a Laje. y Posadas. 151.

Id. por 5 dias de Posada en Concurbion. 56. Dia 3 de Mayo sali para Muros, y pague por las caballerias. 60.

Id. de Posada por 6 dias en Muros q'. estube.64.

Dia 9, sali para el Son en Barco, y pague. 20.

Id. por Posada en dho dia. 11.

Dia 10. Sali para la Puebla del Dean, y page de caballaerias. 22.

Id. por Posada en 6 dias q'. estube en la Puebla. 62.

En 16 me embarq'. para Villanueba de Arosa y pague. 22.

Id. por Posada de 3 dias en dha villa. 32.

En 19 sali para Pontebedra, y pague por las caballerias. 36.

Id. por 6 dias de Posada en dha ciudad. 66.

Dia 25 sali para Vigo, y pague por las dos caballerias. 60.

Id. por 6 dias de posada en dha ciudad. 62.

Regreso a la Coruña.

En 1º de Junio por 2 caballerias hasta Pontebedra al respecto de 25 r. cada una y Posada de una noche pague. 62.

Id. por una calesa para ir á la Coruña. 140. Id. por 3 estancias en Posadas asta la Coruña pague. 34.

Id. a Esteban Manzanal por la conducion de mi equipaje que pesaba 8 a'. y la tienda de campaña con sus palos 11 a'. los 2 cajones. el uno con las pinturas para S.M., y el otro con la Piedra de moler los colores y demas menesteres de la profecion 9 a'. pague 570 r'. con 24 marabedices como consta por el recibo n" 4". 570.24.

3 comentarios

Xocas

22 nov 2008 | 11:40 AM

Avatar

Tes moita razón, o traballo de MR Sanchez non ten o recoñecemento que merece.
Sabes se está publicada a segunda vista de Muros?

homesdepedraenbarcosdepau

22 nov 2008 | 06:26 PM

Avatar

Xocas.

Eu creo que vin o outro cadro de Muros pintado por Ramón , é mais creo telo copiado pero agora non o atopo entre o caos de carpetas que é o meu ordenador. Creo recordar que é unha “marina” onde se poden ver varias lanchas e canoas.
Se o atopase , envíocho.

Apertas

Jesus

22 nov 2008 | 08:37 PM

Avatar

Muy bonita la pintura Manuel aunque creo haberla visto antes,no sè si cuando estuvimos en Muros.
Y que decirte del poema de Alex Ubago.Està aquì a mi lado la compañera y nos hemos puesto tiernos.
Un abrazo

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM