Os familiares das vítimas do naufraxio do petroleiro Bonifaz que este pasado mes de Xullo estiveron aquí con nós para celebrar unha homenaxe os seus desaparecidos e por extensión a todas as vítimas do mar, acaban de crear unha asociación da cal me honro en ser membro.
Esta asociación que leva por nome "Náufragos de la Mar" ten como primeiro cometido axudar e asesorar as familias e as vítimas de calquera naufraxio no ámbito nacional .
Hoxe nace "NÁUFRAGOS DE LA MAR," unha asociación xurdida co propósito de:
Defender conservar e fomentar todo o contorno natural marítimo, cooperando coas autoridades e os seus axentes para dita finalidade.
Levar a cabo todos os trámites necesarios cos organismos e autoridades competentes para que na cidade de Santander se erixa un monumento para lembranza e conmemoración dos náufragos da mar cántabros.
Facilitar toda a información, trámites, procedementos e asistencia necesaria para solicitar as axudas existentes, tanto no ámbito da nosa comunidade autónoma, como ao ámbito nacional, se as houbese para as familias vítimas de naufraxios.
Facilitar axuda e apoio profesional (asistencia psicolóxica) se fose precisa cando as circunstancias así o esixan (por exemplo nun naufraxio aos superviventes e ás familias cuxos familiares falecesen ou teñan desaparecido no mar...)
Organizar e/ou participar activamente en calquera actividade encamiñada a salvagardar os intereses dos náufragos.
Celebrar unha reunión anual/aniversario conmemorativa da lembranza dos nosos náufragos.
Posibilitar a axuda mutua e fomentar a convivencia entre os asociados.
Manuel, gracias por la mención y por tu comentario. Poco a poco ya iremos poniendo el blog más y más bonito.
Para los contenidos contamos contigo. Para ello te he mandado una invitación a tu correo para que seas colaborador del blog y puedas colgar cosas cuando te apetezca.
Un beso y gracias otra vez.