Nós, que tivemos que navegar
por tantos mares cheos de axitación,
durmindo, comendo, vivindo
mesmo en estartelados navíos
maltratados pola chuvia e polas ondas
e que fomos a un tempo
alegres ebrios a bordo de pesqueiros sen destino
e silenciosos mariñeiros abandonados no océano.
Nós, que algún día soñamos con leitos
extensos como brancas velas
e construímos unha pequena historia
sobre a nosa longa viaxe polas salgadas augas
benditos pola música do mar e da noite.
Ancoramos agora nesta escura badía
como náufragos guindados á súa mala sorte
vomitando escuma, cos pés enterrados na area
e a pel ferida polo sol e pola sal.
hola!
participo en un concurso de relatos, está colgado en mi blog...necesito tu voto...asi que si tienes 2 min, pasate y votame si t gusta
1 saludo! y gracias
Espero é desexo que este escrito só sexa ficción, que os novos tempos saiban recoñecer os exforzos dos nosos mariñeiros como se merecen, é que a roda da fortuna reparta sorte as nosas xentes que, como dí a canción de Fuxan os Ventos, Se tí es coma terra nosa.
saúdos