O Rosamar atracado no peirao de Burela
................

Fai uns poucos meses era o Cordero e agora foi o Rosamar, ámbolos dous barcos de mais de 30 metros de eslora , con casco de aceiro e dedicados o arrastre litoral , afundidos sen unha aviría aparente no medio dun temporal na costa de Galicia.

É triste dicilo , pero ambos accidentes pode ser que fosen a causa da neglixencia do seus patróns, que quizás influenciados pola “furiosa competitividade”que reina no sector, non avaliasen adecuadamente o risco que estaban a correr.

Nós onte tamén estivemos faenando a altura de cabo Fisterra e as ondas alcanzaban a altura de mais de 5 ou 6 metros que había pronosticado a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

Traballar ou navegar con vagas de mar de mais de 5 metros require facelo sempre con unha velocidade moderada , e a hora de virar (meter os artes a bordo), facelo sempre con maquina avante para que as cadeas de vagas non asolaguen o barco pola popa, e esa é misión que compete o patrón, non so a de pescar mais que os demais , senón tamén de preservar a vida dos tripulantes o seu cargo e a integridade do navío o seu mando. Non vale escudarse en que os armadores presionan para que se obteñan mellores resultados económicos nin que os outros arrastreiros obteñen mellores capturas , porque tan solo o patrón e o responsable final ante a xustiza das súas decisións.

Todos deberiamos reflexionar un pouco sobre os riscos que se corren no mar e pensar si vale a pena perder a vida nela por un puñado de peixes ?