Son as 7:30 da maña do mércores 20 de decembro de 2006, estamos a
Teño sono , estou canso e un pouco malhumorado.
¡E fai un frío que pela.!
Acabamos agora mesmo de largar os artes, e aproveito para tomar un cafeíño ben quente para quecer o corpo.
Miro no radar e non temos barco ningún nun radio de
Acendo o UHF no canle 74 e saúdame unha voz augardentosa pero ben afinada cantando unha panxoliña que fala do Neno sobre un feixe de pallas . Cambio para a canle 9 e outra voz , esta vez moi desafinada , canta tamén unha panxoliña que fala de peixes e de ríos. Cando termina outra voz e outra panxoliña remúdano .
Paso agora a canle 11 onde esta control de trafico de Fisterra , e un petroleiro de bandeira Grega está a reportar o seu paso polo dispositivo de separación de trafico; O terminar despídese con un recoñecible, Merry chistmas and happy New year.
Volvo o canle 74 , sigue a mesma voz de augardente cantando, pero esta vez é unha rancheira o que soa través das ondas. Cando termina outras voces anímano a continuar e a voz augardentosa arrancase con un pasodobre.
Xa son mais das 8 da maña , xa espertei , xa quecín e xa non me lembro porque estaba malhumorado.
BO NADAL
Bo Nadal mariñeiro, é que o vento sexa favorable de volta a Muros. Ese enfado que dis, poidera ser por haber nacido, que segundo o poéta, é o pecado mais grande do home. Sorte.
Que teñas boa pesca e mellor ganancia.
Bo Nadal
Gustoume moito a entrada :-)
Unha aperta para ti nestas festas.
Antón.
No mar, na terra, alá ou aquí, para os devotos e para os ateos, son datas de amizade, de compaña e de pensar e desexar as mellores cousas para os amigos: dende aquí, na metade do planeta que está quente nestes meses, co sol do (case) verán e coa promesa duns días na praia, van apertas para ti!!! Bo Nadal!
Texto magnífico sobre o teu trabalho..até o tornas num trabalho fácil
Ler o teu texto ao som desta música é bonito..é Natal
Um abraço
Como siempre precioso y entrañable.
Que pases unas muy Felices Fiestas junto a tu familia.
Un fuerte abrazo desde la Ría
Queixa
Bo Nadal para ti tamen.
O o mal humor matutino e habitual en min polo menos hasta que desperto ben ou alguen me canta con voz augardentosa unha panxoliña.
Apestas de Nadal
Xaquin
Grazas polos teus parabens . Pasa boas festas.
Anton de Muros
Unha aperta forte dende esta veira e bo Nadal veraniego na metade de abaixo do mundo.
Apertas
Torredebabel
Grazas amiga Débora . Que o sol do Nadal austral acariñe a tua pel con mainos e calidos raios , mentres nós aqui medio xeados, conformamos con non quedar aterecidos de frio.
Apertas envidiosas
Marieke
Miña ben estimada mestra, grazas polos teus sempre atinados comentarios e un moi bo Nadal para ti e todo-los teus.
Eu que teño tamen parte da miña familia en Escandinavia digoche GOD JUL OG GODT NYTTÅR
apertas de Nadal
Amiga Atlantica
Mi familia y yo os deseamos paseis una feliz navidad .
Una fuerte aperta marinera y navideña.