La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

24, dic

Onde se xunta o ceo co mar

homesdepedraenbarcosdepau En: xogando co as verbas

Nunca souben verdadeiramente onde esta a liña que separa o ceo do mar.
Miro ao horizonte e tan só podo distinguir unha fina raia de cores mesturados. Como se o mundo se puidese dividir en dous tan facilmente con só trazar unha raia á nosa vista, alí está sempre cando miro para ningures,  o afastado horizonte.
Sempre que o miro quedo fascinado perdendo a miña mirada e os meus pensamentos sobre a delgada liña azul imaxinaria, e mentres a perdo da miña vista de tanto fixarme nela, deixo que exerza sobre min o poderoso desexo de poder cruzala, de ir mais alá do horizonte, de saber realmente de que cor é a súa misteriosa fronteira.


Desexo  saber que hai mais alá.
De buscalo.
Desexo de afastarme.
Sei que só teño que deixarme levar se quero realizar o meu soño, e algún día  ei decidirme a facelo. Navegar cara o solpor para acadar o horizonte, buscar a ultima raiola de sol que sempre se me escapa detrás desa malfadada liña.

Hasta poder intuír o que hai alén mar , mais aló do mundo no lugar onde se xunta o azul do ceo co verde das augas do oceano.

 

Pero iso será algún día. Por agora conformo con mirar para o horizonte .

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM