Quen pode dicirme que taberna é esta? E si alguén coñece a algunha das persoas que saen na foto , pois que non se prive.
Quen pode dicirme que taberna é esta? E si alguén coñece a algunha das persoas que saen na foto , pois que non se prive.
Los comentarios están cerrados
« O barco que non sabia ir a pique (memorias do Choquero) | Inicio | Entrevista a Manuel Garcia Sendón »
Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade.
Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes.
................................................................................................................................................
.................................................................................................................................................
contador de visitas
Contador gratuito
CONTACTO con tacto
HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM
Copyright © 2008 - Homes de pedra en barcos de pau - es un blog hospedado en La Coctelera con el tema Diario
eu non sei onde e. Pero si que e como calquera taberna de fai 40-50 anos en calquera pobo galego, o mostrador e tipico.
bonita foto manuel.
saudos
A fonda de Petra, casa Petra. Estaba situada donde é ahora o banco pastor.
Un saludo manuel.
Hola. A taberna era onde di Marina. Queimouse fai tempo. Señora Petra era a abuela ou a visabuela de Santi e máis de Juan Lojo ,que teñen ahora o bar antes coñesido como "A Parrilada" ou O Candilejas, e que tamén noutro tempo foi o bar de meu abuelo Chimarro.
Unha aperta
O Barselona sejuro que non é, porque alí era a donde me levaban a min cando empesín a apareser por Muros, e non me acordo d-esas velliñas.
¡Qué ajarrados, oistes!; fasían coma cando íbamos a Vijo botar o peixe de dúas mareas: levaban as fanecas pra que lles fixeran a caldeirada no bar. jejejeje
Un abraso, Manuel; non tuven ocasión de pasar polo Muelle, e sicadra ainda tardo en fasélo, porque aparenta que este inverno vai a ser jodido.
Unha aperta pra todo Muros.
Frenteovilan
O mostrador, o barriles co "viño do Ribeiro" o home ca boina que apura a sua taza mentres sauda ao outro parroquino, o biombo do excusado...
Podia ser calquera taberna de calquera porto.
Apertas M
Marina
Non sabia de certo se era a "Fonda de Petra" pero supoñiamo.
eu vivia ao lado da fonda cando esta ardiu e ainda que era moi pequeno , lembrome de cousas asi como entre unha neboa.
Das caras de preocupacion dos miores. dos berros atrapallados que se contadecian e ta so creaban balbordo , dos bombeiros chegados de santiago cos seus traxes de lume e os seus cascos negros.
Durante moito tempo despois entre as ruinas calcinadas do que foi a Fonda de Petra, os nenos atopabamos moedas de peseta ennegrecidas polo lume. Eu tiña un tesouro o lado da casa e a vella da "Faneca da Costa" na sua tenda da plaza do Cristo, un cliente asiduo que pagaba con moedas queimadas.
Apertas
Juan de Chimarro.
Pois si, hoxe a taberna de Petra esta donde teu avó tivo durante anos ao seu negocio.
Xa ves como o mundo sigue xirando, e as veces hai casualidades que nos fan pensar se todo esto non esta xa escrito nalgun libro que di como ten que ser a vida e como ten que rotar o mundo.....
Apertas Juan
Paso de Bola
Andando eu a parexa en Ribeira, tamen iamos cas merlusas para o bar e ali faciannos unhas caldeiradas a presio modico e que estaban de lamberse os dedos.
Estas duas semanas estanos a arrear duro o tempo , de feito hoxe ( martes 20) estamos en terra . O sexa que coidadiño co tempo que andamos o mar para gañar a vida e non para arriscar o pelexo.
Os congros que vaian engordando que sen coller non han quedar.
Apertas.
Gustariame saber quen son as da foto. Cando ardeu a fonda xa non pertenecia a Petra, era da familia dos que teñen ahora a muradana (os da fonda). Como xa che dixen algunha vez encántame todo o que enseñas de Muros. Un saludo Manuel. Outro saludo para Juan de chimarro que compartimos traballo e xogos algún verán.