Son como o mar porque non podo gardar silencio
porque nas tardes mais sosegadas sempre estou ledo
e escoito unha especie de canto doce rodeado de sereas,
nada con elas un maino rumor de brisa hasta mais alá do horizonte
como unha batalla do azul contra o vermello combatendo o silencio
nos meses de maio, chove
e as pingas súmanse ás miñas greñas encanecidas
como a escuma e a brisa, de tantos anos
son como o mar e non sei gardar silencio
unha pardela tola loita co vento no medio do escuro
atormentadas noites cheas de lóstregos e tronos
tronada nocturna, neon en primavera
as gaivotas berran laiándose das súas penas
os estays combaten o vento e cantan
e todo é nubrado porque o mar e o ceo, estanse a bicar ...
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados