Arnold J. Toynbee, no seu monumental estudo sobre as civilizacións, afirmaba que un indicador da súa decadencia é cando as elites que as dirixíron no seu ascenso non se renovan. Pero "renovar" as elites -alertaba- non é a simple substitución dalgúns dos seus membros por outros máis mozos que asumen como propias as mesmas ideas e axiomas básicos que rexeron ata entón.
Lembrei esas admonicións cando alguén me advertiu sobre os artigos e as opinións vertidas por min, e incluso por algún dos meus lectores na MIÑA BITÁCORA e sobre os límites que han de rexer sobre o dereito a opinar. "Sobre certos temas hai que expresarse no momento oportuno, de forma axeitada e no lugar preciso", lembrábanme.
Que implica iso en termos prácticos?
O que constitúe un dereito inalienable (exercer a liberdade de pensamento e expresión) pasa, dese modo, a ser unha concesión: o dito pode ser o que cree e desexa un status que se outorga a facultade de axuizar si se cumpriron ou non as normas establecidas. É esa xente a que pode decidir onde, cando e como pode ou non debater un tema?

Que acatemos mansamente ese inaceptable é o que desexan algúns, amordazar bocas para ocultar opinións contrarias, ou o que é mais duro, erros, é o seu fin e a súa meta.
Sen embargo, algúns de nós aprendemos o longo de case medio século, que a liberdade de expresión é un logro da nosa sociedade ao que todos temos dereito e acceso. Non é factible, como parecen crer e desexar aínda algúns, limitar os dereitos democráticos aos demais polo simple feito de que poidan molestar as súas persoais opinións, ou os seus inicuos intereses.

A sociedade española de hoxe en día é plural, libre e soberana e os tempos en que os caciques amordazaban ou pechaban as bocas dos seus vasalos con tan só un xesto de desaprobación xa son auga pasada.

 

Manuel Martínez Caamaño