Este é o enlace onde podedes ver a curtametraxe dirixida por Alicia Conchas Rebollido . Que se prepare a academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de Hollywood porque dentro duns poucos anos terán que conceder o Óscar a mellor dirección a Alicia.

 

Por certo , eu son o tío orgulloso e fachendoso de Alicia.

 

http://flocos.tv/curta/1939-un-berro-de-silencio//

 

 

 

María é filla dun "roxo" , traballa para Santi, un garda franquista que ten como misión eliminar os "roxos" dunha lista que lle facilitaron os seus superiores.

A Santi só lle queda unha persoa desa lista: Manuel, pai de María, o cal se supón morto. Os superiores de Santi presiónano para que remate a súa misión.

Entre María e Santi comeza a darse unha relación amorosa e Santi decide ir un día a casa de María. Xa na casa de esta Santi observa algo que lle fai sospeitar que Manuel está vivo.

Director:

Alicia Conchas

Intérpretes:

Luís Zahera, Cristina Pascual, Antonio Mourelos, Aurora Mestre

Duración:

17:36