Raimund Weisbach, comandante do U19 ( 16 Sep, 1886  Breslau -16 Jun, 1970  Hamburg )

O  bergantín Ciscar (800 Tm.). saíra do porto de Muros o día 20 de abril do ano 1916 con destino o porto inglés de Cardiff.cun cargamento de madeira de pino que tiña alixado días antes no porto do Freixo

Pero tan so 6 días despois  entraba de volta en Muros, e sen ningunha carga nas súas bodegas.

 

Os tripulantes do ciscar contaron que as 6 da madrugada do día 23, a unhas 150 millas da costa galega , foi detido polo submarino alemán U19 o mando do comandante Raimund Weisbach. Inmediatamente o patrón do Ciscar que era D. Manuel Seoane Lago,  embarcou nun bote coa documentación e dirixiuse o submarino. O comandante alemán , logo de examinar os papeis comunicoulle que non ía poder seguir ruta con esa carga , pois estaba considerada contrabando absoluto de guerra e que ía a proceder a afundir o Ciscar.

Logo de moitos rogos por parte do patrón do bergantín e confirmando o comandante alemán que os galegos tan so posuían un bote, e que este se atopaba en condicións deplorables, accedeu a que os tripulantes do Ciscar guindasen pola borda a súa carga de madeira de pino e puxesen  rumbo a continuación de volta para Muros.

 

Os Alemans estiveron controlando dende as inmediacións como se cumpría a súa orde de tirar a carga , para logo de terminada a operación somerxerse desaparecendo entre as augas.

 

Para saber mais:

Artigo en Ingles na Wikipedia sobre o U19

Lista de barcos afundidos polo U19

 ......................

 Outras andanzas do comandante Weisbach

Raimund Weisbach en 1915 atopabase a bordo do submarino U 20 como oficial torpedeiro ao mando do comandante Walther Schwieger. O 7 de maio dese ano torpedearon e afundiron ao buque de pasaxe "Lusitanita" da Cunard Line.
Foi o propio Weisbach o encargado de lanzar o torpedo que produciría o afundimento do luxoso transatlántico e a morte de 1198 persoas entre pasaxeiros e tripulantes (tan so hubo 200 superviventes).
Raimund Weisbach de volta en Alemaña, foi galardoado coa Cruz de Hierro de 1 ª clase.
As andazas de Weibach a bordo dos submarinos remataron o 1 de maio de 1917 cando o submarino británico E54 torpedeou ao  U 81 que neses momentos estaba o mando do oficial alemán. 24 tripulantes morreron no naufraxio e salvaronse soamente 5 entre eles Weisbach que foi internado nun campo de prisioneiros de guerra en Gran Bretaña ata o final da contenda.

 

Para saber mais

O Lusitania na Wikipedia