Estes arcos contemplaron gran parte da miña nenez. Xogos e liortas, lugar de reunión e de traballo, acubillo dos mariñeiros que cando non ían o mar clareaban os palangres ou amañaban os aparellos o seu abeiro. Sempre había algún vello apoiado nalgunha das súas pedras fumando un daqueles amarillentos pitillos sen boquilla, deixando que esvarasen paseniñamente as horas sen facer outra cousa que fumar e mirar para a chuvia..
Para todo servían os soportais nos longos e desapacibles dias do inverno muradán. Días en que eu podía ir dende a calle das Animas hasta a escola de Don Manuel , case sen saírme do seu amparo o resgardo da chuvia.
Pedras que xa estaban antes que nós e que seguiran logo de que xa non esteamos . Obra de ignotos canteiros populares que a golpe de grillos e cinceis , deron forma a faciana da vila que bica o mar.
Arcos polos que aínda gusto de pasear sempre que podo, porque cada un deles trae a min unha lembranza distinta.
Recordos de una vida que principiou ao abrigo dos soportais da vila de Muros.
Manuel: debaixo deses soportais, a principios do século XX tamén estivo o meu avó.
Unha aperta dende lonxe.
Antón.
Manuel, gracias por las fotos que nos muestras ultimamente.
Te superas cada día,y de la musica ya ni hablemos.
Un abrazo.
Moi fermosa e moi querida a vila de Muros para a xente de Cuspe de Pita :-))
Unha aperta
Anton de Muros
Baixo os arcos dos soportais pasearon moitas xeracions dos nosos ancestros.
A maioria teñen orixen medieval e a sua funcion naqueles tempos era de resgardo das lanchas e canoas nos dias de temporal, pois o mar con marea alta chegaba case a bicar as pedras das casas.
Haber se temos un poco de sentido comun e somos capaces de preservar a nola vila de tal modo que moitas xeracions logo de nos podan disfrutas da sombra dos vellos soportais muradanos.
Apeetas.
JEsus
Como Bien sabes , soy un gran aficcionado a la opera y me gusta poder leer o escribir escuchando alguna Aria , y que mejor que Wagner o Mozart?...
La imagenes tenemos que agradecerselas a muchos de mis convecinos que me las hacen llegar para que las publique.
Apertas agarimosas
Cuspedepita
Que vou decir eu da miña vila...
Un lugar privilexiado para vivir unha clase de vida que xa non adoita abundar.
Onde se pode pasear polas suas ruas e ir saudando a maioria dos viandantes polo seu nome ou polo seu alcume, onde se poden deixar esquecidas as chaves do coche , penduradas da sua pechadura, sen que pase absolutamente nada, e a mañá seguinte as vexa un veciño e as traiaga a casa , porque eran as do coche de "Manolo de Chuvasco"
Eson son os privilexios de vivir nun sitio como Muros.
Apertas e parabens
Tardes, tardes y tardes bajo eso soportales; jugando, esperando a que escampara, a que abriera el cine de Carcamán; yendo a comprar las castañas cocidas a Vicenta da Ferreirosa.
Soportales que forman parte ( con más o menos recuerdos ) de la vida de todos los muradanos /as y de todos los que por ahí pasan.
Esperemos que las futuras generaciones puedan disfrutar de ellos como lo hemos hecho nosotros.
Siento no poder escribir en nuestra lengua, pero ya sabeis que el aprenderla estaba muy mal visto en nuestra generación.
Sigue escribiendo y haciendonos disfrutar de buenos ratos con tu blog.
Marisé
van pasando os anos e as lembranzas acumúlanse no maxín.
Miro para atrás e vexo aquel neno que fun percorrendo as rúas da Vila , as veces aseméllame que é a vida de outra persoa a que vexo nos recordos e non a miña. Mudaron os tempos e as persoas , pero as rúas de Muros seguen case igual.
Apertas