A xente do mar refuxiouse sempre nunha serie de crenzas que lles axudan a soportar as calamitosas condicións da vida a bordo. Cando navegas nun barco tan só unha feble estrutura de aceiro (ou madeira) sepárache da inmensidade do océano. As supersticións achegan entón unha certa sensación de control sobre elementos decisivos para a supervivencia, a maior parte das veces tan azarosos e imprevisibles  como, por exemplo, as condicións atmosféricas. Se non rompes ningún tabú e adoptas as medidas axeitadas a ira dos deuses aplacase, a tormenta non estoupa, o vento sopra favorable e o teu barco chega san e salvo a porto.

 

Recollemos aquí crenzas de épocas diversas:

Os barcos, como as persoas, cada un ten un nome distinto, e en certa maneira, a súa propia personalidade. Ás veces engádeselle propiedades particulares hasta o extremo de atribuírlles boa ou mala sorte. Sempre existiron barcos con fama de gafe, e outros dos cales se dicía que gozaban sempre de tempo favorable e que, en ocasións, se os seus tripulantes necesitaban algún produto o atopaban casualmente á deriva.

A botadura dun barco equivale ao seu bautizo, e constitúe un momento de bastante carga simbólica. O costume de romper unha botella de champan contra o casco ten a súa orixe na antigüidade, cando se vertía viño tinto na cuberta como libación aos deuses do mar

O nome do navío tamén é importante. As armadores de épocas pasadas intentaban evitar aqueles relacionados co lume, os lóstregos ou as tormentas. Segundo algúns, non se debía cambiar nunca o nome do barco.

 

Existían datas nefastas durante as cales ninguén debía abandonar o porto. No ámbito anglosaxón considerábase tentar á sorte saír ao mar os venres (día en que crucificaron a Jesucristo), o primeiro luns de abril (día en que Caín matou a Abel), o segundo luns de agosto (día en que Deus Castigou a Sodoma e Gomorra) ou o 31 de decembro. Os mércores, sen embargo, eran días favorables. Doutra banda, constituía un mal presaxio escoitar as campás dunha igrexa desde o barco mentres este se facía o mar.

Tamén podía haber sinais positivas. A mellor, as lumes de San Telmo, esa luminescencia que aparece nos bicos  dos paus do barco baixo unhas determinadas condicións atmosféricas. Non obstante, nalgunhas zonas  pensábase que se iluminaban a un mariñeiro este morrería antes de que pasasen 24 horas.

Na Illa de Man consideraban que unha pluma de estreliña (reyezuelo) constituía un bo amuleto contra os naufraxios e os afogamentos, aínda que as súas propiedades só duraban doce meses. Noutras zonas era habitual levar un aro de metal na orella para afastar os temporais.

Co obxectivo de protexer ao barco e á súa futura tripulación, os armadores colocaban unha moeda baixo o pau maior, tal vez como pagamento preventivo ao barqueiro infernal Caronte. Unha estrela polar debuxada no extremo do bauprés tamén axudaba. Sen embargo, a protección do barco e a súa tripulación recaía sobre todo na mascarón de proa. Na súa orixe, os mascaróns ían dentro do barco, cumprindo unha función relixiosa: primeiro como cabezas de animais sacrificados aos deuses, despois estas foron substituídas por tallas de madeira. Finalmente pasaron á proa, baixo a forma dalgún animal totémico ou algunha deidade mariña, ata que a principios do XIX se popularizaron as figuras femininas (vestidas ou non), pola crenza de que a súa visión amansaba aos deuses do mar.
A bordo considerábase que traían mala as flores e os paraugas . Tamén entregar unha bandeira a alguén a través dos traveseiros dunha escaleira ou poñerse a roupa dun compañeiro falecido antes de terminar a travesía.

. En termos xerais estaba mal vista a presenza no barco de animais con pelo, ao contrario que a dos animais con plumas. Aínda que había excepcións: que un galo cantase a bordo era un sinal inequívoca de mala sorte, e a presenza dun gato sempre era apreciada, xa que mantiñan a raia aos ratos e proporcionaban distracción aos mariñeiros, aínda que algúns crían que os da súa especie podían invocar tormentas.

Aínda que ás veces unha aleta de quenlla podía servir de talismán, unha quenlla seguindo ao barco polo lado de popa presaxiaba a morte dalgunha tripulante.

Inflixir dano a un mascato podía carrexar consecuencias nefastas, como as que sofre o protagonista do poema "A canción do vello mariñeiro", de S. T. Coleridge, ao parecer inspirado pola vida do corsario George Shelvocke, quen tras matar a un mascato tivo sempre mal tempo. A causa deste tabú radicaba na crenza de que os mariños mortos reencarnábanse en mascatos.

Un dos grupos de supersticións mariñeiras máis curioso é o referente a pasaxeiros. Resulta xa un clásico a crenza de que as mulleres a bordo atraen as tempestades. Os curas tamén supoñían unha presenza funesta, ao igual que os fineses, que tiñan fama de ser bruxos capaces de enfeitizar o barco e invocar tormentas.

Pero con independencia da súa nacionalidade ou condición, calquera tiña prohibido asubiar a bordo, actividade que podía espertar aos ventos e provocar un temporal, ou facer soar o cristal dunha copa, xa que isto provocaba en algún lugar distante o afogamento dun mariño.

Os defuntos tampouco eran pasaxeiros apreciados. A ninguén lle gustaba transportar un ataúde no seu barco, e os mariñeiros que finaban  en alta mar eran guindados ao océano envoltos nunha mortalla de lona cunha bala de canón dentro. A última puntada que cosía a mortalla atravesaba a nariz do falecido, para que a súa pantasma non perseguise ao barco. Os ataúdes constituían unha mala carga incluso baleiros.

Poucas experiencias debe de haber máis terribles que caer ao auga en alta mar e ver como o teu barco se afasta aos poucos. En épocas pretéritas moitos mariñeiros non sabían nadar, e ademais considerábase fonte de mala sorte rescatar a unha persoa que se estivese afogando. Supoñía inmiscirse nos asuntos dos deuses do mar ou do destino. Doutra banda, cando alguén morría afogado, o seu cadáver, segundo crenza moi estendida, ía directo ao fondo do mar, aos nove días regresaba á superficie e despois afundíase definitivamente. Ver un cadáver durante ese breve período de tempo era un mal presaxio.

Eu tamén , por suposto teño as miñas supersticións... pero non as digo por que  trae mala sorte.

 

Recopilacion de textos da WWW