A lonja vella de Muros
.....................................
Nesta época achabase Muros nun tempo de gran apoxeo.
Segundo Hoyo, chegou á contar naquelas datas con máis de mil veciños e os seus habitantes eran todos emprendedores que facían longos viaxes marítimos á Portugal, Andalucía, Francia, Flandes, Inglaterra, Italia e outras nacións. Por esta razón o seu porto era moi frecuentado, e segue a contar Hoyo que o ano 1584, se viron alí reunidos 58 navios entre grandes e pequenos. A súa xente era destra e belicosa, e sabia rexeitar e ter a raia á os moitos corsarios que por aqueles tempos infestaban as nosas costas. Parece que á un tempo fixeron grata mansión nesta época en Muros o talento e a cultura. Moitos de entre os seus fillos foron os que chegaron a distinguirse pola súa ilustración e enxeño. Fillo de Muros foi o ilustre deán de Santiago e Bispo de Oviedo, Don Diego de Muros un dos personaxes que máis honran a Galicia e aínda á España. Da riqueza desta vila nesta época, pode dar algunha idea o acta da santa visita practicada no ano 1547 polo licenciado Velasco. O só décimo da mar valía 6000 ducados!
Para o sostemento da mariña había varios estaleiros convenientemente situados nas costas galegas, e deles catro eran os principais de que hai noticia, o de Foz, o de Noia, o de Muros e o de Baiona. Ao segundo dedicaballe o Licenciado Molina no ano 1550 a seguinte oitava:
"Luego es Riaxo y sin mas mirar
La villa bien noble y antigua de Noya
Sentada en su llano que es casi una hoya,
Do buenos navíos se suelen labrar,
Aquestos en Muros se acaban de armar
Un pueblo cercano detrás de una sierra
Gente que haciendo bullicio de guerra.
Se muestra bien diestra y ardid en la mar"
Comparade, amantes do progreso aqueles tempos cos que hoxe corremos e veredes que comparación mais lastimosa.
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados