Desde o meu camarote, navegando en popa a un fresco nordeste por augas da tempestuosa costa da Morte e escoitando a Beethoven.
O vento convértese nun adagio, cada onda nunha nota sublime, cada embate da mar nun harmonioso acorde.
Escoitando ao xordo xenial, mais parece que navegamos rumbo a unha Arcadia Feliz e prosaica en vez de tan só desprazarnos en busca dun novo caladoiro.
Que porqué me gusta a mar...?
Vede e oíde e o entenderedes.
Fermoso acompañamento musical o breve instante de mar que nos trae o teu ollo, parabéns.
Fernando
Fernando
Escoitar a Wagner durante un temporal, ou disfrutar dun nocturno de Frédéric Chopin nunha placida e estrelada noite de calma no mar, é unha sensacion...dificil de describir sen caer en noñas sensiblerias, pero moi gratificante de experimentar.
Apertas
Que post mais lindo....é umdaqueles que nãoprecisa de palavras nem música..nem poesia nem prosa estátudolá...o baraulho do mar seja por onde seja visto..é uma ária que poderia ser de Mozart...Strauss..Bach...qualquer um
Um abraço marinheiro
Marieke
Seguro que sí, podo imaxinalo, algúns tiñamos o vicio, cando viñeron eses aparatiños de poñer nas ourellas, da man de algún navegante, de pasear de noite, na molura, de Santiago pola zona vella.
Saúde