La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

 

 

A ASOCIACIÓN

A Asociación "Sorum" para a

promoción da Vila de Muros fundouse o

día da festividade de San Pedro do ano

2007 e, nesta sesión constitutiva, foron

aprobados os seus Estatutos.

A Asociación réxese pola Lei Orgánica

1/2002, de 22 de marzo, reguladora do

dereito de asociación, e polos propios

Estatutos.

Trátase dunha entidade con capacidade

xurídica plena, sen ánimo de lucro, e ao

marxe de orientacións políticas ou

ideolóxicas concretas.

Figura inscrita no Rexistro de asociacións

de Galicia (número 10921-1), e no

Rexistro de asociacións do Concello de

Muros (número 29), dende finais de 2007.

Segundo establece o artigo 5 dos seus

Estatutos, a Asociación ten como

finalidade contribuír, dentro das súas

posibilidades, a exaltar a importancia en

todos os eidos do municipio de Muros.

Neste sentido, promocionar a Vila de

Muros nos aspectos culturais, artísticos,

deportivos, sociais, patrimoniais, medio

ambientais, e calquera outros de natureza

análoga, constitúe o seu obxectivo básico.

A Xunta de Goberno da Asociación está

integrada polos cargos e membros que se

indican na outra folla deste tríptico.

ACTIVIDADE

A Asemblea Xeral da Asociación acordou, en

sesión ordinaria celebrada o día 28 de

marzo de 2009, a organización da "Segunda

exposición pictórica de artistas muradáns".

A Asociación persegue con esta actividade,

un ano máis, contribuír a que Muros sexa

coñecido, tamén, pola excelente calidade

artística dos seus pintores.

A exposición estrutúrase, como na edición

anterior, en dúas seccións. Unha, formada

por pintores que expresamente foron

invitados pola Asociación; e outra, na que

participan veciños que manifestaron o

desexo de presentar obras, para colaborar

neste evento. Por esta circunstancia, os

cadros expostos conteñen motivos e estilos

diferentes.

Os PINTORES convidados expresamente

pola organización foron os seguintes:

Alejandro Senande

Beatriz Sampedro

Carmen Senande

Fernando Rei

Malís González

Montse París

Pepa Sestayo

A todos eles, a Asociación maniféstalle o

agradecemento pola súa desinteresada

colaboración.

PROGRAMA

(Lugar, Datas e Horarios)

LUGAR

MUÍÑO DE MAREA DO

POZO DO CACHÓN

DATAS E HORAS DE VISITA

Día 1 de maio de 2009 (Venres)

Inauguración da exposición polas

autoridades ás 12:00 horas.

Visitas:

Pola mañá: De 12:00h. a 14:00h.

Polo serán: De 16:00h. a 20:00h.

Día 2 de maio de 2009 (Sábado)

Visitas:

Pola mañá: De 12:00h. a 14:00h.

Polo serán: De 16:00h. a 20:00h

Día 3 de maio de 2009 (Domingo)

Visitas:

Pola mañá: De 12:00h. a 14:00h.

Clausura da exposición ás 14:00

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM