Fillo, neto e bisneto de patrons, meu sobriño Felipe Manuel criouse no mar xunto a min. Dende ben rapaz embarcou de mariñeiro, logo de contramestre para mais tarde facelo como patrón de costa, sempre a bordo do Sidri Rober.
Na década dos 90 percorriamos as costas de Galicia pescando a parella co "Tartesos" de Santa Uxía, que patroneaba o meu amigo "Vixan".
Felipe Manuel medrou no mar e fíxose home , un home de mar que agora a bordo do "Damafran", que ten a súa base no porto de Celeiro, manda e navega por augas da costa francesa e do Gran Sol, facendo o que mellor sabe facer un bo patrón, Pescar moito!
Aquí vos deixo unhas imaxes do "Damafran" poñéndolle "peito o mar"
Fantasticas imaxenes de porque o mar e impresionante e os mariñeiros venden barato o peixe.
Cada vez que vexo algo así sempre me impresiona, e curiosamente dentro da gravedade do momento pareceme fermosisimo e non paro de ollar, mirando non sei que mais, supoño que outra diferente, pero nunca son diferentes, sempre son impresionantes.
Unha aperta
Fernando
Saudos, compañeiro.
Acábome de enterar pola prensa do tinclado que ides a montar ca movida esa das embarcasións tradisionales; ahora mismo estóu de baixa (esparrinme ca moto), pero pra esas fechas conto con estar operativo, e quéroche disir que non dudes en contar conmijo si, dentro das miñas limitasións, pódo serche de aljunha utilidá. De calquera xeito, si me é posible, xa teño pensado apareser por ahí co barco.
E ahora vai un enlase a unas imágenes bastante "rechamantes" pra quén non pertenesa ó noso jremio, acompañadas dunha bonita música: http://www.liveleak.com/view?i=76e_1212588259 (copiando e pejando na barra de diressións debería poder verse).
Pois nada máis, por ahora; por aquí sejiréi aparesendo de ves en cando.
Saludiños.
OLá amigo marinheiro
Que o Mar dê ao teu sobrinho só alegrias e boas pescarias.
Um abraço
Marieke
Um poema daqui de Portugal da beira mar para o teu sobrinho
Eu pescador
Eu pescador que pesco por um instinto antigo
e procuro não sei se o peixe se o desconhecido
e lanço e recolho a linha e tantas vezes digo
sem o saber o nome proibido.
Eu de cana em punho escrevo o inesperado
e leio na corrente o poema de Heraclito
ou talvez o segredo irrevelado
que nunca em nenhum livro será escrito.
Eu pescador que tantas vezes faço
a mim mesmo a pergunta de Elsenor
e quais águas que passam sei que passo
sem saber resposta. Eu pescador.
Ou pecador que junto ao mar me purifico
lançando e recolhendo a linha e olhando alerta
o infinito e o finito e tantas vezes fico
como o último homem na praia deserta.
Eu pescador de cana e de caneta
que busco o peixe o verso o número revelador
e tantas vezes sou o último no planeta
de pé a perguntar. Eu pescador.
Eu pecador que nunca me confesso
senão pescando o que se vê e não se vê
e mais que o peixe quero aquele verso
que me responda ao quando ao quem ao quê.
Eu pescador que tragao em mim as tábuas
da lua e das marés e o último rumor
de um nome que alguém escreve sobre as águas
e nunca se repete. Eu pescador.
"Senhora das Tempestades" de Manuel Alegre
eu traballei nese barco 3 anos da miña vida, vivin moitos moitos momentos bos e malos, e un barco moi mariñeiro, pasei os temporales mais gordos da miña vida nel, un temporal de forza 11 e algo que non se esquece na vida o mar branco e o vento inrespirable, tamen a morte dun compañeiro por un ateque do corazon ( Javier que finou a sua vida o ultimo dia da marea antes de que lle deran a xubilacion) vias de auga...ect Pero tamen as boas como as pesquerias en irlanda os rascos cando cargamos mas de 70.000 kilos de rape e xuliana en unha campaña de 66 dias... aiii , si amigos a vida do mar....
Roberto
Pero a que a pesares dos traballos e dos perigos que pasamos as veces no mar, cando estamos en terra unha tempada, temos "aquelo" que nos empurra a embarcarnos outra vez?
Eu xa levo 35 anos da miña vida andando o mar e algunhas veces danme ganas de deixalo todo e quedarme en terra. Pero que faria un "salitroso" coma min sen o mar?. Non sei facer outra cousa!
Grazas polo teu comentario