Débora campos , Xornalista , profesora de universidade, colaboradora habitual na Radio Galega no programa Axenda Cultural e en diversas publicacións tanto aquí en España como aló na súa terra de Arxentina , amen de ser tamén unha boa escritora e outras cousas mais . Filla de galegos e recente galego- parlante , dende o seu blog Fíos Invisibles invítame a cubrir o cuestionario Proust.
Ardua tarefa me impón!
Si son moi sincero quedarei espido ante todos e darame vergoña , si non o son , para que cubrilo entón? Se trato de ser intelixente darédesvos conta axiña de que non o son e e quedara en evidencia a miña curtidade.
Pero farei gala en esta ocasión da valentía que tan so posúen os necios e tratarei de responder o mais honestamente que poda.
..........
Cal é o seu maior temor?
O de chegar a ser algún día un destemido
2.- O principal trazo do seu carácter
Meu principal trazo e curvo , algún recto haberá, digo eu, pero eses son secundarios.
3.- A calidade que prefire nos homes
Honestidade
4.- A calidade que prefire nas mulleres
Se nos referimos a calidade humana ou moral elixiría temen a honestidade porque creo que e unha virtude que non debe faltar en ninguén . Se é por calidades físicas,
miña dona non me deixa...ejem
5.- O que aprecia máis nos seus amigos
Pois iso , que o sexan , amigos
6.- O seu principal defecto
Non ter un so, telos case que todos
7.- A súa ocupación favorita
Podería argallar aquí tantas mentiras...pero serei sincero sen que sirva de precedente.
Tombado nun prado ben verde onde tivera o mar a vista , cun ceo ben azul e con ELA o meu carón. Esa seria unha actividade da que nunca cansaría
8.- A súa idea da felicidade completa
Existe iso?
9.- Cal sería a súa maior desgraza?
Finar
10.- Se non fose vostede mesmo quen lle gustaría ser?
Outro
11.- Onde lle gustaría vivir?
Nunha aldea preto dunha vila que se chamase Muros e que estivese nun pais chamado Galicia , seria como vivir no mesmo paraíso
12.- A súa cor preferido
Verde que te quiero verde
13.- A flor que máis lle gusta
Unha flores pequenas de cor amarelo e moi humildes que medran nas veiras dos camiños e nos prados, aquí chamámolas pampillos e teñen unha lixeira semellanza cas margaridas. Non teñen fragrancia nin pétalos fermosos e despampanantes , pero son as que me trae a miña filla as veces cando ven da escola, esas son as miñas flores.
14.- O paxaro que prefire
O Mascato (alcatraz) polo seu maxestoso voo e porque tan so se deixa ver nos días de temporal
15.- Os seus autores favoritos en prosa
Podía ser un pedante e enumerar unha chea de autores clásicos e outra morea de menos clásicos e mais contemporáneos , pero...dádeme un libro que faga que me esqueza do mundo que me rodea mentres o leo; e o autor del terá sempre a miña admiración
16.- Os seus poetas preferidos
Todos os que me fagan sentir vivo e sensible, dous deles son Neruda e Rafael Alberti
17.- Os seus heroes na ficción
Sempre me gustou Ulises , A súa Odisea ate conseguir arribar a Ítaca , perdurara polos séculos dos séculos.
18.- As súas heroínas de ficción favoritas
Penelope , pola paciencia que tiña tecendo e destecendo e esperando por Ulises
19.- Os seus compositores preferidos
Gústame a Ópera e un dos meus compositores favoritos e Verdi, na Musica clásica Mahler e na musica contemporánea moitos pero por destacar a un poño a Joaquin Sabina
20.- Os seus pintores favoritos
Klimt...Color , Sorolla...luz, Velazquez...xenio, Goya...psicoloxía aplicada e Van Gogh...cordura
21.- O meu heroe da vida real
Aínda quedan?
22.- A miña heroína favorita na vida real
Unha meniña de ollos verdes, pelo louro e nome con sabor a sal e a terra
23.- O feito histórico máis deplorable
Calquera onde saia a relucir a violencia e a razón da sinrazon
24.- O xantar e bebida que máis me gustan
Esta resposta e unha tortura para que esta a dieta hipocalorica, corramos un tupido velo
25.- Os meus nomes favoritos
Os nomes dos meus fillos e o da miña dona non vaia a ser que se me enfaden si poño outros
26.- O que detesto por riba de todo
Non ser quen de poder expresar con palabras fermosas e ben argalladas todo o que bule por dentro da miña cachola
27.- O feito militar que máis admiro
E digno de admiración algún feito deses?
28.- A reforma ou troco social máis admirable
A revolución burguesa que separou a igrexa do estado permitindo a creación de estados laicos e modernos. Esa disgregación achandou o camiño para o transito da idade media e o escurantismo a idade moderna e a ilustración.
29.- O don da natureza que quixese posuír
Je je je... (aquí habería que por un icono de rubor agora)
30.- Como quixese morrer
Non quixese
31.- O estado actual do meu espírito
Vivo sen vivir en min ,e de tal maneira peno, que morro porque non morro
(Espero que non me denuncie Santa Teresa por plaxio)
32.- A falta que me inspira máis indulxencia
A que non se comete
33.- O meu lema
Di a lenda que na lápida de Groucho pon "Perdoe que non me erga"
Ese seria un bo lema
Muy buenos días Manuel,gracias por hacerme reir un poco por la mañana,algunas respuestas muy ingeniosas. Has salido bien del trance.
Un abrazo.