A Banda de Música de Muros dos primeiros anos do século pasado.
Serian eles os que amenizaron esta berbena?
Moi fermosos foron os festexos deste ano en honor do noso Patrón San Pedro, por cuxo motivo foi moita a afluencia de xente forasteira. As funcións relixiosas solemnísimas, e elocuente en extremo o orador sagrado señor Eijo.
A noite do 29 (San Pedro) houbo na Praza da Constitución unha bonita iluminación nunca vista no noso pobo. Numerosos arcos formados de centenares de luces enfeitaban a fachada da casa consistorial dando con iso un sorprendente golpe de vista; as regatas moi concorridas, habendo gañado a de canoas a de D. Secundino P. Pardiñas, e a de traiñeiras, unha moi bonita dun fomentador do Son. Os premios ás parellas de baile na Praza de abastos foron moitos, o gañador foi o mozo muradán, Blas Álvarez por unha ben bailada muiñeira, acompañado por unha fermosa moza de Lira. Houbo premios na Alameda para os nenos das escolas máis aplicados, paseos de moda, cucañas e demais, faltando tan só os touriños que tanto nos gustaban. Parabéns merece o Concelleiro Sr. Brea Olveira polo seu exquisito gusto, ben demostrado, nos festexos levados á cabo.
Noticia extraída dun xornal local muradán coa data de 15 de xullo de 1910
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados