O día 13 de Xaneiro de 1964 o correspondente do diario "Pueblo " , en Washington transcribía o seguinte parágrafo do Boston Globe.
"Os apaixonados polos misterios do mar falarán por anos sobre do que lle ocorreu ao cargueiro español " Castillo Montjuich "
O resumo dos feitos publicado no Boston Globe é o seguinte:
O día 2 de Xaneiro a Capitán Caylton H. Clogstoon, de 53 anos apareceu no seu garaxe coa cabeza inmediatamente debaixo do tubo de escape do seu coche, cuxo motor estaba aceso. O doutor J. Vincent Di Rago, forense, e amigo da vítima relacionou este suicido coa desaparición do Castillo Montjuich, e afirmou que se exerceran sobre el fortes presións para que non ditaminase a morte da capitán Clogston como suicidio. As súas conclusións foron, non obstante, de que a morte fora un suicidio e que a Capitán, amigo seu, cometérao por sentirse responsable da desaparición do barco español, ao terlle concedido o certificado de aptitude para facerse ao Atlántico Norte en pleno inverno.
Segundo o práctico de porto, capitán Charles Crocker, custoulle moito traballo manter o barco na canle de entrada, pola súa mala maniobrabilidade. O práctico xefe do porto de Boston opinou que " debía ser case completamente inútil, diante dun forte temporal", e que " cando o barco deixou o porto na tranquila noite do 5 de Decembro observou polo disco Plimsoll que o barco estaba sobrecargado"(O mencionado disco está gravado nos costado de barco para indicar o máximo calado permitido, segundo as estacións do ano, e zonas).
Outros funcionarios do porto de Boston contaron os numerosos fallos nos mecanismos de carga do barco, con paradas nas operacións; contan, por exemplo, dunha válvula de vapor sen manivela, suplida por unhas tenaces, e a impresión xeral, era de que constituía unha temeridade botarse a navegar no Atlántico con semellante ruína de barco.
Ola Manuel! Son David de Salitre. Acabo de engadir o teu blogue aos nosos amigos do programa. Vista o blogue se queres.
Unha aperta e vemonos moi cedo (mañá concretamente)
BOA PESCA!
programasalitre.wordpress.com