A ambulante lúa remontaba o ceo
sen atopar morada algunha:
mansamente ía escalando
cunha estrela ao lado .

Os seus raios burlábanse do solpor
como xeada de abril derramada;
pero na sombra inmensa do barco
a auga enfeitizada ardía sempre
nun vermello quedo e atroz.

Máis aló, na liña do horizonte
vía bulir as serpes mariñas:
deixaban ronseis dun branco brillante,
e cando se erguían, deixaban caer
escamas douradas de máxica luz.

Venturosos seres! Non hai lingua
que poida describir a súa fermosura:
un regato de paixón desbordoume
e, sen darme conta,chorei:
o meu corazón de pedra debeu de abrandarse
e sen máis púxenme a rezar.

E nese mesmo intre;
da miña meixela, liberada
caeu unha bagoa para afundirse
coma se fóra chumbo no mar.