La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

21, jun

Os nomes das "bacas" de Muros

homesdepedraenbarcosdepau En: cousas do mar

 

A arte de arrastre a flote con portas, denominado popularmente "baca" é unha modalidade relativamente recente en augas de Galicia.

Xa coñecido e utilizado este sistema nas costas do levante español desde a segunda metade do século XIX, a súa implantación nas nosas augas demórase ata a segunda década do XX . A súa aceptación foi tardía debido ao arraigamento que gozaban outras dúas artes de arrastre entre as armadores dos nosos portos e que utilizaban barcos de maior porte, a parella e o bou.

Non foi ata 1925 que no porto de Marín, Senén Sobral armador da parella composta polo "Senencito" e o "Salvadorito" ambos con 16 metros de eslora e unhas 60 toneladas de desprazamento, armou ao "Salvadorito" co sistema levantino, tralo naufraxio do segundo. Para iso foi contratado o patrón de pesca valenciano Francisco Marés, dando así comezo esta modalidade de pesca nas nosas costas.

En poucos anos esta nova arte de pesca estendeuse por diferentes portos da costa atlántica galega; empresarios de portos como Vigo, Santa Uxía, A Coruña e Muros armaron os seus barcos con ese novo sistema. Nun principio eran "tarrafas" que en tempada de baixas capturas de sardiña, pertrechaban co nova arte, mais tarde vendo a excelente rendibilidade que ofrecía o novo sistema, dedicáronse exclusivamente a el.

No porto de Muros calou rapidamente entre armadores e tripulantes esta nova modalidade, pois ofrecía unhas excelentes capturas e un relativo baixo custo o non requirir a construción de novos buques e o ser aproveitados para iso os xa existentes. Donos de almacéns de salgadura descendentes dos antigos fomentadores cataláns chegados a Muros na segunda metade do século XVIII foron os primeiros armadores de bacas que dedicaron os seus barcos. antes armados para a pesca da sardiña. Nomes que acoden agora ao meu maxin rescatados da memoria dos vellos mariñeiros de Muros, como o Pepita, o Solita, o Antonio Pérez, o Pepito, o Antollo, O Ifigenia ou o Maruxa, algúns deles patroneados no seu tempo por Don José Martínez Álvarez (Pepe de Chuvasco), uns dos primeiros patróns do arrastre que exerceron como tal neste porto.

Na década dos 40 do pasado século xa estaba totalmente afianzada esta pesquería en Muros, dedicándose a tal fin máis dunha ducia de "bacas". Eran anos de carencias e fame en todos os niveis da sociedade e iso, como non podía se doutro modo, manifestábase de maneira mais que evidente entre a nosa xente da mar e na precariedade dos barcos destinados a esta modalidade .Esacangallados  vapores, algúns con máis de catro décadas sobre as súas cadernas, compoñían a flotilla de bacas muradana. Barcos que estaban deseñados e construídos para pescar e nos que calquera sistema ou avío destinado para a seguridade dos seus tripulantes, eran unha mera entelequia. Houbo que esperar ata finais dos anos 60 para que as unidades dedicadas ao arrastre se actualizásen coa compra por parte das armadores muradáns de barcos xa construídos para tal fin.

Nestes anos, moitos patróns de pesca  convertéronse en armadores buscando unha mellora no seu status económico e logrando dese modo asegurarse a súa praza.

Houbo que esperar ata as décadas dos 70 e os 80 para ver o maior florecemento do arrastre en Muros; foron anos nos que ata 25 bacas amarraban nos seus peiraos. Especies como a cigala, o linguado, o rape ou o galo constituían a maior parte das descargas destes buques.

Nomes como o Juanito Concepción, o Novo Pepín , o Familia Portuondo, o Peña Negra ou o Sidri Rober acoden prestos á memoria de quen aquí escribe, e traen gratos recordos dun neno que comezaba as súas singraduras e a súa vida no mar a bordo destos entrañables barcos.

 

Estos son alguns dos nomes que tiñan estas unidades dedicadas o arrastre no porto de Muros

 


 

 

 

 

Alba Mar


Alba do Mar


 

Almirante


Alonso de Ercilla


 

Alza

Amadorcin

Amaro Carabel

Andiño

Anfítrite

Antonio Sampedro


 

Antonio Sampedro 2º


 

Antonio do Velliño ( Ex Hermanos Vega)


 

Ardita

Arenys de Mar

Boa Vista


Brutimar


 

Caballa


 

Cabalo Branco

Carmen Garrido


 

Carrasca


 

Cizurquil


 

Concha de san Sebastian


 

Conexo

Cordero de Belen

Costa Lucence

Coreano


 

Choquero


 

Cristina Pedrosa

Dous de Ouros

Enero

Evaristo Pérez

Familia Portuondo

Felisa Dominguez

Felix Villar

Francisco Yañez

Galiñeiro (Praia de Esteiro)

Gaztelutarrak

Genoveva Nº 2

Genoveva Nº 3

Gemma del Mar

Getafe

Hercules Nº 1

Hermanos Diez Colome


 

Hermanos Bens


 

Hermanos Portuondo

Isla de Gaztelu


 

Juanito Concepcion


 

Javi

Jesús Del Gran Poder

José Balayo Portela


Kica


 

Laca Burgoa

Lagardiña

Laxana

Macaya M

Macaya R

Manuel

Mar

Mar Once

Marce y Manuel

María Auxiliadora

Marina

Maruxa

Masus Guillen

Matusa


 

Meira da Costa


 

Meu Agarimo

Merci

Monte Louro


 

Montenegro


 

Nuevo Lasarte


 

Nuevo Pepín


Pedro do Neto


 

Pena do Altar

Peña Negra


Pepita


 

Pérez Armada

Ramona Pan

Regente

Río Miño

Río Rus

Rosa Náutica


 

Rosariño


 

San Eusebio

San Matin de Abajo


 

San Martín de Arriba


 

Segunda del Mar


 

 

 

 Sidri Rober


 

Tamara y Yaiza


Teilan


 

Urduliz

 

 

 

 

 

 

14 comentarios

cuspedepita

21 jun 2009 | 09:11 PM

Avatar

Pena do Altar tamén é unha rocha que hai na costa de Barreiros, quizá tivera algunha relación.

Moito me gustan estas crónicas do mar, anque sexa de terra adentro.

As vacas (con v) da miña terra tiñan outros nomes tamén ben sonoros: A Marela, a Gallarda, a Teixa, a Rubia, a Ratina...;-))

Apertas

Marisé

21 jun 2009 | 11:03 PM

Avatar

Gracias por los agradables ratos que paso leyendo tus escritos.
Con los nombres de las bacas me ha venido a la memoria una que creo que era de ahí, si mal no recuerdo se llamaba XANA, era de Pepe de Vaca Negra (o alguna relación tenía con él) y acabó hundiéndose. Además tengo en mente, estar paseando de madrugada,
en verano. y llegar a puerto ese barco cuando todos salían, como que tenía unos horarios muy raros.
¿ Estoy equivocada?
Abrazos
Marisé

David Ramos

22 jun 2009 | 10:20 AM

Avatar

Moi interesante artigo Manuel. Noraboa! Estes artigos encantanos ao persolan de Salitre. Salitrosos coma ti nos dis!!!

David Ramos
Guión

frenteovilan

22 jun 2009 | 10:34 PM

Avatar

la Xana, no se hundió en la punta de la Barca en Muxia? es que me suena, pero ya sabes q de estas cosas se poco.
Un saludo, y que sepas q te sigo leyendo de vez en cuando.

Domingo

23 jun 2009 | 07:15 AM

Avatar

Solo queria comentar que el jose balayo portela le cambiaron el nombre y se llama chamin que es "gemelo"creo que dos de una eslora y dos de otra de ria de Muros en la actualidad en Marin y sustituido el ria da Coruña
el alba do mar en la actualidad en Celeiro y reformado en su popa
y el pedro do neto que no aparece en la lista y tampoco se donde esta creo que por pais vasco
un saludo y felicidades por el blog

homesdepedraenbarcosdepau

23 jun 2009 | 08:03 PM

Avatar

Cuspedepita
A Pena do Altar, a parte de ser esa pedra que ti nombras é por quen leva o nome ese barco. É tamen o nome do primeiro barco que eu mandei como patron de pesca aló polo ano 83. foi mercado en Burela por un armador de Muros e pasou uns poucos anos aqui en Muros, logo foi para Santa Uxia e xa fai uns anos que foi despezado.
Das Vacas (con V) non sei moito , pero os nomes que lle poñedes por ahí son similares ou moi parecidos os que lle teño escoitado os labregos de por aqui, creo que a Xoana e maila Xovenca , tamen eran nomes de vacas.

Apertas

homesdepedraenbarcosdepau

23 jun 2009 | 08:07 PM

Avatar

Marisé

El laxana se hundió un dia de temporal en la costa de Muxia. Perdieron la vida 5 compañeros mios y fué una de las peores tragedias ocurrida a una "baca" de Muros.
Era de "Pepe do Cuco" y el patron de costa que la mandaba que era de Esteiro, nunca se volvio a embarcar.

Unha aperta

homesdepedraenbarcosdepau

23 jun 2009 | 08:11 PM

Avatar

Ola David Ramos
Na xerga que utilizamos os que andamos o mar, a palabra salitroso aplicaselle a quen pasa moito tempo no mar ou ten moita ansia por pescar mais que ninguen.
Vos a forza de estar o caron dos mariñeiros, estasevos a forman unha "pátina" de salitre o que de algunha maneira vos converte en salitrosos tamen.

Apertas mariñeiras e salitrosas

homesdepedraenbarcosdepau

23 jun 2009 | 08:13 PM

Avatar

Frenteovilan
Si, como xa lle digo a marisé o Laxana perdeuse o caron da Barca.
Un dia despois entrei eu en Muxia e puden ver os restos esnaquizados del moi preto do fariño que hai os pes do santuario.

Apertas

homesdepedraenbarcosdepau

23 jun 2009 | 08:17 PM

Avatar

Domingo

Tes razon, esqueceuseme o Pedro Do Neto. Supoño que moitos mais ainda quedan sen poñer. pouco a pouco e coa vosa zxuda haber se podemos completar a lista.
O Chamin xa o teño visto nos peiraos da Coruña e o Alba mar , ainde este pasado mes de febreiro pudeno ver no porto de Celeiro sen rampa e coa popa pechada , reconvertido non volanteiro.

Apertas

Domingo

24 jun 2009 | 10:49 AM

Avatar

Recuerdo tres que no estan lo que nose es si tubieron o tienen base en Muros y por eso no estan en la lista Ria de Muros Mar tigre y Brutimar

fernando

25 jun 2009 | 10:31 AM

Avatar

Sempre me chamou a atención dende que parei por Muros a inmensa flota "baqueira", en Cambados temos cerco, aquí a única baca que tiñamos foi durante moito tempo a "Ramona Pan" da familia Durán (os "Roquiños") que ainda hoxe andan na pesca pero xa pola altura, creo.

manuel

2 sep 2009 | 01:51 AM

Avatar

Moia boa paxina a ke tendes vexo ke puxeches unha fotografia minha dunha baca entrando no porto ;)
Sio tenho mais xa tas mandarei

axóuxere

19 sep 2009 | 11:32 AM

Avatar

Hola, bos días! Son aficionado ao mundo da pesqueiros e non quería deixar pasar a ocasión, a propósito de este post, de aclarar unha cuestión que xa hai algún tempo que non teño moi clara (aínda que creo que non ando desencamiñado). Trátase dos barcos que pertencen a un armador de Muros con vinculacións en Avilés ou de Avilés con vinculacións en Muros. Se non estou errado, o Pedro do Neto (agora en Celeiro), o Alba do Mar (tamén en Celeiro pero reconvertido en palangreiro e con licencia de Gran Sol) e o José Balayo Portela (despois Chamín de Laxe e recentemente desguazado no peirao de Oza) foron barcos de ese armador, que na actualidade ten o Alba Mar, o Anis Berria, o José Balayo Portela e o Brutimar (éste último con bandeira lusa). A primeira serie foi construida por Astilleros Armón (Navia) a mediados da década dos 80, mentres que a segunda saiu do astaleiro de Cudillero. Gustaríame saber se estou no certo, e tamén se omitín algunha baka na relación anterior. Moitas grazas, e felicidades polo teu blog!!!

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM