La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

21, jun

Xan Lelo (1ª parte)

homesdepedraenbarcosdepau En: xogando co as verbas

 

 

Aínda non tiña cumpridos Xan Lelo os cinco anos, cando tomou unha determinación que por importante e transcendente, marcaría para sempre a súa longa e curiosísima vida.

Isto que vos hei contar aquí, meus ben estimado lectores, pasou fai moitos, moitos anos; Pero tivo tanta sona na comarca e nos arredores, que aínda moita xente se lembra do que lle acontecera na vida do protagonista desta historia.

O noso protagonista érache un neno especialmente esperto, pero a súa "intelixencia", era un chisco peculiar. Non e que fose mais listo ou mais intelixente que outros nenos da súa mesma idade. Pero bastáballe unha ollada cos seus ollos grandes e negros, para darse conta de cousas que quizais a outros nenos nunca lle houberan chamado a atención, nin espertado a mais mínima curiosidade.

Miraba Xan para as estrelas nunha noite despexada, e de súpeto, dábase conta do que en realidade eran aquelas escintilantes e afastadas loces ; carumas das lareiras que saian acesas polas chemineas das casas e quedaban apegadas no teito do ceo!.

Xa podía seu pai, ou calquera, explicarlle o neno que as estrelas eran afastados soles que se atopaban a milleiros de ducias de quilómetros, e por iso se vían pequerrechas. Por que o neno non descabalgaba doadamente das súas ideas.

Cando vía no verán  o mar ovellado de branca escuma nos seráns de nordés, afirmaba sen xénero de dubida, que a brancura das augas era porque as leiteiras derramaban o seu leite na veira do mar facendo tinxir as augas de branco. E remachaba a súa teoría con un...

-Non vedes que o mar nunca foi branco, todo mais azul ou gris.!

 

Un día que a familia estaba reunida o carón da artesa, Xan escoitaba con atención os lamentos dos seus pais por a forma en que os maltrataba a vida.

Cavilou o neno durante un intre as cousas que aló se falaban, e chegou a conclusión de que non pagaba a pena medrar, que quería ser sempre neno e que non quería pasar as penurias nis as tristuras que oía contar os seus pais.

E dito e feito!, dende aquel día Xan Lelo  decidiu que nunca mais volvería a cumprir anos, e quedou para sempre con catro!.

Comunicoulle ós seus pais a súa decisión os cales sorriron de unha forma estraña, o que non alterou o mais mínimo o animo nin a firmeza na determinación de Xan.

 

E así pasaron os anos,  non! mellor dito o tempo, pois para o neno os anos xa nunca mais volveron a contar.

Un día, a súa nai díxolle.

- Xan, xa e tempo de que empeces a escola na vila, para aprender de contas e de letras para poder ser algún día un home de proveito - O neno guieiro como era, asentiu ca cachola e non dixo nada.

O primeiro día na escola foi para o noso neno unha experiencia inesquecible: o mestre, Don Manuel, tiña unha forma moi rara de falar. Dicía "cuatro" en vez de catro e "silla" en vez de cadeira.

Xa o rapaz escoitara máis veces esa rara forma de falar o señor cura e mais o médico, e Xan chegara despois de moito cavilar a unha das súas peculiares conclusións, que esa xente tiña un defecto de nacemento na súa lingua que lles imposibilitaba o falar correctamente, e por mor de esa pequena minusvalía, falaban de esa maneira tan estraña.

Dende ese día sempre se abraiou da cantidade de persoas que estaban aqueixadas por tal defecto.

Pero volvamos o primeiro día de escola de Xan. Todo era novo para o neno; pouco acostumado como estaba a ter outros cativos o seu redor, estaba ledo de poder contar con outros rapaces para os seus xogos. Salvo dous nenos, ningún mais padecía de aquel estaño defecto na fala, e incluso eses dous as veces tamén falaban correctamente.

O mestre era un vello fraco e osudo , de branca cabeleira e dedos marelos por mor das ducias de cigarros que fumaba durante o día; Era un bo home, pero endexamais soubo comprender e menos entender a peculiar forma que tiña de ser e de razoar o noso protagonista.

Dirixíndose a Xan e sinalando con aquel arrepiante a case esquelético dedo marelo Preguntoulle.

-"Usted , Juan Manuel, que edad tiene"?

O neno quedou mirando para aquel ameazante apéndice marelo que o sinalaba, sen entender moi ben de que era a el a quen se lle facía a pregunta. Xamais o habían chamado de aquela maneira, Juan Manuel"!

-"Si, es a usted a quien me dirijo."- Espetoulle o mestre.

- Eu teño catro anos, respondeu Xan.

O mestre mirou para el con faciana de estrañeza, pero non dixo nada, solo puxo unha marca vermella o carón do nome do rapaz na súa lista de alumnos e mandou sentar a Xan no pupitre mais afastado do estrado.

A partir de aquel día o vello e osudo mestre non volveu a facerlle mais preguntas o neno , de feito non lle volveu a facer mais caso, e o tempo pasou sen que Xan aprendese a ler nin a escribir.

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................

................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM Manuel M. Caamaño

Crea tu insignia