
Seguiu dando voltas o mundo arredor do sol e pasando o tempo para todos menos para Xan, que se aburría na escola sen que case ninguén lle fixese o mais mínimo caso.
Entón o seu pai o decatarse de que na escola non acadaría nada en limpo, decidiu levar o neno con el para o mar.
Esa decisión foiche ben atinada, pois o rapaz parecía haber sido concibido para os traballos do mar. Brincaba por entre as rochas da ribeira con unha facilidade abraiante, manexaba os remos como se houbese nado con un entre as súas mans; e pescando había poucos homes que conseguisen mellorar as capturas que o rapaz facía.
Estaba claro que esa era a súa vocación e que ese ía a ser o seu traballo para toda a súa vida.
E aló no pequeno bote do seu pai, en aquel curruncho case esquecido do resto do mundo, pasou Xan os mellores anos da súa vida, entre remos, nasas, polbos e fanecas.
Transcorreu o tempo hasta que un día chegou o carteiro a aldea onde vivía o xa mozo Xan cos seus pais.
Mala sinal!
Cada vez que o carteiro acudía a aldea, era para achegar malas novas.
O funcionario dirixiuse directamente a casa de Xan Lelo e entregoulle o mozo en propia man unha carta certificada.
-Asíname aquí rapaz. Espetoulle o carteiro a Xan.
Con dificultade esbozou un garabato no papel que lle tendía o carteiro, e recolleu a carta.
Abriu o sobre con parsimonia, pero as súas habilidades lectoras non acadaban o nivel necesario para ler , e nin moito menos entender o que alí había escrito.
- Léama vostede, señor carteiro, que eu non son quen de facelo.
O empregado de correos recitou con aire solemne que alí había escrito, e que viña a dicir mais ou menos isto:
Notificación
Segun lo dispuesto en el apartado 3º del parrafo 5º de la orden perteneciente al Real Decreto de 31 de febrero del año 1888 .
Se le notifica y hace saber al inscripto D. Juan Manuel Esposito Senande , nacido el día 28 de diciembre del año 189? Y de 19 años de edad. Que es requerido para que se presente el día ... en estas oficinas de la ayudantia de marina , con motivo de su incorporacion a filas.
En caso de ausencia en la citada fecha en estas dependencias, se declarará al incripto como desertor . Pudiendo incurrir en un delito penado por la ley tal del cual.
Firmado el ayudande de marina de M.... a tantos del tantos del cuanto.
-E todo iso que quer dicir? Preguntou Xan, cando o carteiro rematou de recitar o texto.
- Que tes que cumprir a tua obriga ca Patria rapaz.
Xan quedou mais ou menos como estaba, o sexa sen decatarse moi ben do que aquela carta quería dicir....
Pero o día sinalado presentouse na axudantía de mariña.
Unha morea de mozos ateigaba a entrada ao local. Ían entrando por orden de chegada e cando lle chegou a quenda a Xan, fixérono espir de medio corpo, medíronlle o perímetro do peito e mais pesárono. Logo pasou a unha oficina onde un escribinte ía anotando nun papel unha chea de cousas mentres llas ía preguntando o mozo. E cando chegou a consabida pregunta da idade, Xan retrucou coma sempre.
-Teño catro anos.
E como sempre, puxéronlle aquela marquiña vermella o carón do seu nome.
Logo leváronos a todos para o peirao e embarcaron nun vello patache que ía a levalos a un sitio chamado "El Ferrol".
Embarcou Xan naquel estartelado barco xunto cos outros mozos, e despois de varias horas , as que o rapaz entoxáronselle infinitas , pois nas ateigadas adegas do patache a maioría dos outros rapaces dou en tirar pola boca a comida que tiñan no seus bandullos. O cheiro era grande, e Xan liscou para a cuberta a pesares dos salseiros do nordés que lle mollaban a faciana de cando en cando, ate que chegaron "Al Ferrol".
Logo de pasar uns días na súa nova situación e de vencer a morriña que sentía pola súa casa e polo seu bote de remos , e de decatarse de que naquel lugar case que todo o mundo padecía de aquel famoso defecto na lingua, tratou de darlle senso a todo o que lle acontecera en aqueles días; E fíxoo ca súa singular maneira que tiña de ollar o mundo.
Todo iso que lle estaba a pasar dende que saíra da súa aldea , era aquela cousa da que unha vez oíra falar... As vacacións!
Nas vacacións pasease moito:
El paseaba todos os días xunto con outros mozos por unha explanada , cun paso raro, iso si, e con unha escopeta o lombo, pero paseo era.
Nas vacacións non se traballa:
E Xan aparte de pasear , pouco mais facía.
Nas vacacións cómese e dórmese sempre as súas horas:
El facía tres comidas o día, aínda que non demasiado abondosas chegábanlle ben. E tiña un catre nun sollado que estaba ateigado de mozos, pero despois dos paseos que lle obrigaban a facer, non tiña reparo en durmir onde fose. Peor era durmir na tilla do bote e mais facíao a cotío.
E así, paseando, comendo e durmindo pasaron tres meses, haste que un día o chamaron para embarcar. Pensou o mozo que xa se lle terminaran as vacacións, pero non.
Mandárono para un barco enorme! Que se chamaba Cardenal Cisneros, onde non tiña nada que facer, nadiña!.
Tan so tiña que correr para a cuberta cada vez que soaba unha buguina e poñerse xunto a un canon que nunca tiña proxectís. Fora do toque de buguina so comer e durmir.
Poucas veces saian o mar , e as poucas veces que o facían era case que sempre pola ría do Ferrol.
Hasta que un día fixéronse o mar de verdade. Ían facer manobras e exercicios de entrenamento preto da costa de Fisterra xunto con outros navíos da Armada.
Xan xa se decatara facía tempo que esta xente da armada eran como rapaciños os que lles gustaba xogar de vez en cando , o sexa que deixouse levar esperando ver o que acontecía.
Navegaron cara o sur varias horas hasta chegar preto do cabo Fisterra. O ver Xan o Cabo que tantas e tantas veces ollara dende o bote co seu pai, decatouse que estaba preto da súa aldea e da súa casa. Alí atopáronse con outros navíos e pasaron "xogando" o que quedaba de xornada.
Logo cando se ía facer noite foron fondear na ría de Muros onde ían pasar dous días.
Vaia festas e agasallos lles fixeron os muradáns!
Os barcos da flota apuntaron os seus potentes reflectores cara a vila para iluminala e a banda de infantería do cuartel do Dolores amenizou unha animada verbena.
O curro da praza estaba ateigado de mozas e mozos , os comandantes dos navíos deron permiso os tripulantes para poderen asistir os bailes ate altas horas da madrugada e un pequeno exercito de mariñeiros invadiu pacificamente Muros.
Nun deses bailes coñeceu Xan a Mariña. Unha moza da vila que tiña mais ou menos a súa mesma idade, e aínda que non era moi favorecida no seu físico, era moi asisada e falangueira e moi boa rapaza.
Quedou prendido Xan da moza e durante os dous días que pasaron na Vila apenas se separaron.
E de sinalar que durante eses dous días Xan apenas abriu a boca para falar, pois todo falaba Mariña . El tan so miraba cos ollos moi abertos para a moza e case que non se enteraba nin do que dicía . Nunha destas conversas de case-solo-un , Mariña preguntou o mozo a súa idade e Xan díxolle que tiña catro anos . A rapaza pareceu tan so un chisco sorprendida o principio, pero o momento xa se esqueceu e seguiu co seu monologo a falar de outra cousas.
Chegado o momento de marchar prometéronse que cando el rematase as súas vacacións volverían a atoparse para seguir falando.
O día seguinte aínda non rompera o alba cando deixou o Cardenal Cisneros o seu ancoradoiro na baia de Muros para poñer rumbo a costa.




2 comentarios
Jesús
27 jun 2009 | 09:13 PM
Que buenos ratos me está haciendo pasar la historia de Xan Lelo.
¿Continuará? Oye Manuel,¿porqué el barco se había de llamar Cardenal Cisneros?.
Un abrazo.
Jose
28 jun 2009 | 10:25 AM
Es muy bonito
Escribe un comentario