La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

29, jun

O meu tío avó (Alicante)

homesdepedraenbarcosdepau En: Cousas de Muros

 

Remexendo entre vellos papeis e antigos xornais da vila de muros, atopei unha necrolóxica con data de 15 de abril de 1913 que di o seguinte.

"El día 10 del actual falleció la esposa del vecino de Muros y fiel de consumos, D. Manuel Martínez Álvarez, (Alicante) Juana Lago, que hace tiempo venia padeciendo penosa enfermedad. A su esposo y familia les acompañamos en el sentimiento."

Pois cóntovos: esta necrolóxica  fai referencia o pasamento da esposa de Manuel Martínez Álvarez (Alicante) o cal era tío do meu pai e por conseguinte tío avó meu.
Como vos podedes dar conta polas datas, eu non coñecín a "Alicante" pero teño oído por boca do meu pai falar del moitas veces e sempre con moito agarimo. Meu pai que foi o maior de 11 irmáns, criouse practicamente na casa do seu tío "Alicante" que por ser fiel de consumos e ser viúvo e sen fillos dispoñia de mais medios que o seu irmán Xosé Martínez Álvarez (meu avó) que era mariñeiro, e polo tanto axudouno na crianza de varios dos seus fillos.
Esvarábanlle as bagoas de agradecemento polas fazulas cando xa ancián, meu pai falaba e se lembraba de seu tío "Alicante" - Canta fame nos ten sacado de enriba a min e os meus irmáns!-dicía.
En lembranza do seu tío, levo eu o nome de Manuel , e o atoparme hoxe con esta nova, non deixa de embargarme un sentimento de gratitude e emoción hacia Manuel Martínez Álvarez de alcume coñecido como "Alicante"

 

1 comentario

Marisé

30 jun 2009 | 05:46 PM

Avatar

¿ No es Mary Carmen da Fonda la que está en la foto con el mantón ?

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM