La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

11, jul

Xan Lelo (derradeiro)

homesdepedraenbarcosdepau En: xogando co as verbas

 

 

 

 

Saíndo da ría cara a costa, viu Xan dende o costado do barco , pasar as pedras que tanto coñecía. Deixaron por estribor a punta da Vouga e mailo Meixón, e logo de saír da ría , arrumbaron o noroeste na procura de Fisterra.

Ollaba Xan dende a súa atalaia privilexiada pasar as aldeas e as praias que tanto facía de menos, e pensou que xa estaba farto de aquelas vacacións, e que lle gustaría volver para a rutina do seu bote, e para poder volver a atoparse o carón de Mariña.

Nestas cavilacións estaba , cando se decatou de que o rumbo do navío levábaos directos os baixíos asolagados de Meixide. Farto como estaba de percorrer aquela parte da costa, soubo que de non cambiar o rumbo, pronto estarían embarrancados no medio das pedras.

Tratou de avisar os oficiais do que ía acontecer, ¿pero quen lle faría caso a Xan?

Ninguén fixo caso dos avisos do rapaz, e pasou o que tiña que pasar.

Cun fero estourido rachou o pantoque do buque nas agullas de Meixide. Aínda foi o barco a cabalo das pedras uns segundos, hasta que quedou encaixado entre elas co seu bandullo de ferro aberto de par en par e por onde entraba a auga a esgallo.

Pasado o primeiro intre de confusión, o instinto mariñeiro de Xan levouno o carón dun costado, desde onde podía ver que os pesqueiros que faenaban preto do baixío se achegaban a eles , pero sen poderse acoderar, pois tiñan medo correr a mesma sorte que o Cardenal Cisneros.

Xan non o pensou dúas veces, Atou o redor da súa cintura un cabo e chimpouse a auga. Nadou un bo anaco que se lle fixo moi abafante pois tiña a dificultade engadida do cabo, pero foi quen de chegar hasta un dos balandros que estaban mais preto do navío.

Por aquel cabo que Xan con grande risco da súa vida levara, baixaron todos os tripulantes que había no Cisneros, con tal sorte, que ninguén sufriu o mas mínimo dano.

Moreas de apertas tivo que aguantar o mozo de todos e cada un dos náufragos que acadaban salvar a súa vida a través do cabo que Xan levara. Non sabia o porque de tantas apertas, pois el amarrara o cabo a súa cintura tan so ca intención de que si finaba no intento, puidesen recuperar o seu cadáver. Non se daba conta o coitado, que sen querelo fixera a proeza de salvar a vida a todos os seus compañeiros.

 

E que as veces, meus estimados lectores, as proezas mais grandes que se fan en esta vida, tan so son froito da desesperación e da casualidade. Moitas medallas e condecoracións que se lle deron a supostos heroes, foron gañadas así, como quen non quer a cousa, en intres nos que non se pensa ben nos riscos que pode correr a vida de cada un. Que si algúns deles se parasen, aínda que so fose un chisco a pensar nas consecuencias posibles de súas accións, a lexión de heroes que enchen os libros da historia sufriría unha considerable desmerma.

 

Retomemos a pequena historia do noso particular "heroe".

Logo de estar todos os tripulantes do buque da armada sans e salvos abordo dos pataches que os recolleron, foron levados de volta para o peirao de Muros, onde os transbordaron a outros barcos de guerra que os levarían finalmente para o Ferrol

Aínda non tivera tempo Xan de recuperarse do susto, e xa estaba embarcado outra vez.

O chegar o Ferrol todo foron parabéns e apertas de mans para o atribulado mozo.

El non coidaba que o seu acto de heroísmo tivese que merecer ningún recoñecemento, pero tampouco se opuxo os agasallos. Incluso foi recibido en audiencia polo capitán xeral, que entre grandes cerimonias e discursos , prendeu do peito do rapaz unha medalla e concedeulle a licenza total e a exclusión do todo o resto do servizo que lle restaba por facer.

O sexa que o día seguinte embarcárono nun balandro que ía de Ferrol cara a Muros e en menos que canta un galo , xa estaba navegando outra vez o coitado rumbo a súa aldea.

- Raio de homes!- Comentaba Xan a un tripulante do balandro.

- Din que son un heroe, e o único que se lles ocorre para agasallarme é chimparme das miñas vacacións.

- Endexamais ei entender a toda esa xente que fala raro.

O tripulante do balandro asentiu ca cachola e non dixo nada.

De volta a rutina da súa vida, Xan retomou o remo e a liña.

E "falou" con Mariña. Falou tanto e tan de miúdo que para a primavera seguinte xa estaban casados.

E seguiu a xirar o mundo.

Déuselle ben a vida de casado a Xan, e tamén se lle deu mellor iso de facer fillos. En dez anos, dez fillos pariu Mariña a cada un mais repoleiro que o anterior.

Iso si, cada vez que a muller de Xan Lelo traia un fillo a este mundo, o primeiro que facía o noso protagonista o ter a criatura no seu colo, era abrirlle a boca e mirar si tiña algún defecto na lingua.

E abofé que a ningún lle topou nada. De feito, todos o medrar e comezar a cuspir as súas primeiras verbas, facíano como Deus manda.

E así transcorreu o resto da súa vida, entre fillos e liñas, patacas e fanecas. Ate que foi chegada a hora de render contas da súa vida ante o Altísimo.

Rodeado de todos os seus fillos e netos e o carón da súa moi querida e fiel compañeira , espirrou Xan o seu ultimo alento.

Foi soterrado no adro da capela da súa aldea o carón das cinzas dos seus pais.

Aínda hoxe calquera de vos que vaia pola aldea de Xan, podera doadamente atopar a lápida de pedra que cubre a súa campa, onde aínda se pode ler con un pouco de dificultade por los estragos que fixo nela o tempo , o seguinte epitafio.

 

AQUÍ REPOUSAN OS RESTOS DE

XAN LELO EXPOSITO SENANDE

QUE FINOU DESPOIS DE UNHA LONGA VIDA A IDADE DE 4 ANOS

OS TEUS FILLOS QUE NON CHE ESQUECEN

D.E.P.

 

1 comentario

paso de bola

11 jul 2009 | 11:56 AM

Avatar

¡Vaites, home!; eu a buscar por tí por Muros aadiante, e tí a jasta-lo tempo cas cousas de Xan Lelo. Pois nada, que a ver si á hora das tapas (daquí a un pouquiño) nos atopamos. A min dáme que xa quedamos a mirar un pro oitro cando baixéi a desaiunar co rapás; lójo o saberemos.

Justóume o conto.

Saludiños.

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................

................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM Manuel M. Caamaño

Crea tu insignia