María vive en terra de secano, pero é de Muros.
Canto está lonxe da vila, para vela e lembrala, tan so pecha as palpebras e acuden prestas o seu maxín as imaxes e as vivencias da súa nenez en Muros. Lembra cun sorriso nos beizos a súa Calle Ancha onde vivía entre África e America!. A tenda de tecidos de doña África e o bar que rexentaba xunto co seu home a señora America.
No remate da rúa, indo para o Carme, a fabrica de gaseosas onde sempre na súa porta se amoreaban un feixe de caixas de esa doce bebida . Os nenos soian escachalas botellas para sacar a bola que facía de tapadeira e xogar con elas o "gua".
Un pouco mais abaixo, no remate da rúa , estaba a oficina de telégrafos, onde traballaba o señor Vicente; María miraba pola xanela da oficina para ver aquela extraña maquina de onde saia unha cinta que dicían que traia as novas de afastados lugares. Algunha vez o señor Vicente levou a súa casa una mensaxe na que dicia que o sei pai estaba presto a chegar a vila logo de longos meses de navegación.
Cos ollos sempre pechados agora recorda cando o sei pai chegaba a casa, ela, temerosa, agochábase detrás da súa nai e mirábao de fito en fito, hasta que el o abrir a maleta sacaba un regalo para ela que lle entregaba cun bico e aí remataban xa as teimas da nena .
Avanza no tempo cos seus recordos María e ve, sendo aínda apenas unha adolescente, o bar de Chimarro, onde os domingos pola tarde se facía un guateque. Tocadiscos traído da casa dalgún amigo, musica do Dúo Dinámico, miradas Cómplices entre as mozas, e quizais algún bico furtivo roubado nalgún curruncho do local.
Eran tempos pasados , pero non menos ledos que os de hoxe. Logo, pasada a idade da inocencia, a vida levou a María lonxe da Vila , e agora vive en terra de secano, PERO É DE MUROS.
Abre os ollos agora María e retorna a realidade e o presente , pero cando queira volver a súa Vila, sabe que tan so ten que volver a pechalos.
Con agarimo para Marisé

4 comentarios
Marisé
17 jul 2009 | 02:57 PM
Estoy llorando " a moco tendido " , estoy leyéndote y viendo la tierra de secano que me atrajo - primero por amor y luego por trabajo-, pero sabes que cuando hablo y digo " mi pueblo " , ese no es otro que MUROS , donde están todas mis vivencias y mi corazón.
Para tí solo tengo una palabra GRACIAS, GRACIAS , GRACIAS
Un bico
luisa llorens
17 jul 2009 | 03:11 PM
Uyyyyyyyy, pero si hasta yo me emocioné con la descripción q le hiciste a Marisé, muy bonita.
Yo también soy de Muros, aunque vivo en Vigo, más cerca de nuestro Pueblo, con lo cual lo visito más a menudo.Leo casi todos los días esta page. Gracias y continúa trabajando en ella
Un bico
homesdepedraenbarcosdepau
17 jul 2009 | 04:51 PM
Marisé
Son vivencias que ainda que non corpartimos de nenos , agora amontoanse nos noso recordos.
Aqueles dias de domingo na praia de San Francisco, a que iamos na "yenca" de fiuza, tortilla de patatas e cachelos, co mantel baixo a xenerosa sombra dos arbores. Logo habia que esperar hata as cinco para poder bañarnos de novo por aquelo do corte de dixestion! E no inverno, tardes no cine de Carcaman vendo unha de baqueiros ou unha de romanos.
Ou a "singer" de doña Margarita a onde as nenas iades aprender a coser, ou o bar de Juan Do Bar ou o de Laghar, onde mirabamos abraiados con ollos avidos de ver aque novo invento as primeiras imaxes de television que nos ensinaban un mundo que habia mais alo de Muros.
Pasaran os anos, pero esas lembranzas sempre estaran con nos, acompañarannos no noso viaxe a traves da vida, e para telas , tan so temos que pechar os ollos e recordar.
Unha aperta
homesdepedraenbarcosdepau
17 jul 2009 | 04:58 PM
Luisa Llorens
A todos nos gusta lembrar, e aqueles anos en que fomos nenos, felices e despreocupados, correteando polas calles da Vila, son recordos que agrada traer o maxin.
A miña filla pequena pideme moitas veces que lle conte cousas de cando eu era neno, con ollos como pratos escoitame dicir que naqueles anos non habia tele, nin ordeadores, nin mp3, nin sequera unha escola como teñen hoxe. E dime _non aburriades todo o dia?
E a miña resposta e sempre a misma- Moito menos que hoxe!
Unha aperta
Escribe un comentario