
Cando o corazón latexa
entre o peito do poeta
tal se fose pomba inqueda
que en cativerio se axita,
mentres o tempo transita
polas veas dunha noite,
e como en son de reproche
o estómago porfía
por moito que en versos derroche...
non se vive de poesía.
O escritor, sendo humano
necesita do sustento
( que a musa, sen alimento
adquire aspecto mundano)
e así ha de alugar as mans
para prosaicos deberes,
e entre profanos quefaceres
fina con melancolía
que, aínda abundante en praceres...
non se vive de poesía.
O traballo calza e viste
e asegura a pitanza:
o verso é tan só esperanza
da razón que a un lle asiste
e, aínda que escribir ben reviste
aparencia de traballo,
o escrito vale un carallo
se a seguridade se ansía
pois, se se vive a destaxo...
non nos sirve a poesía
É bo bardo quen resiste
os calambres intestinos
e nos versos peregrinos
con desprendemento insiste;
porque ante unha paga triste
e un editor majadero,
non ser pode ser somero
se é a vida unha elexía
é que, para ser ben sincero...
non, non se vive de poesía.

2 comentarios
padron-duenas
4 ago 2009 | 02:00 AM
Claro que no se vive de la poesía, como no se vive de los sueños, ni de los suspiros, las sonrisas o las lágrimas. Pero se viven todas esas cosas en la poesía. Algo que no tiene precio.
Un abrazo
paso de bola
9 ago 2009 | 10:36 PM
¡Alusinante!.
Abraiado me deixas; eu non son un entendido, pero séi o que me justa a mín.
Vóuno a coljar por ahí, con enlase ó blog, por suposto.
Saludiños.
Escribe un comentario