
Podíase ver sempre camiñando con un saco vello o lombo entre as rochas da veira collendo caramuxas, ou nas praias recollendo cunchas que logo vendía.
Vestida sempre con negros farrapos , os pes descalzos, grises como a cinza; A través da súa melena tamén gris, sempre engedellada, que ocultaba unha grande parte da súa faciana , podíase albiscar aquela mirada perdida que daba arrepíos.
De cando en vez estarricaba os brazos e mirando para o horizonte berráballe a un imaxinario persoeiro que lle facía mal a cotío.
Era a Tola da Vouga . Os nenos escapabamos dela como se fose o mesmísimo diaño.
-Aí ven a Tola da Vouga!
Gritaba algún neno , e a praia quedaba deserta nun segundo , sen nenos , sen xogos nin gargalladas. Muda quedaba para deixar que a Tola da Vouga berrase a quen sabe o que.
Dende lonxe, agochados detrás das rochas, ollabamos a probe muller sen atreverse ninguén a facer o mais pequeno ruído.
Eu tentaba imaxinar o porqué a Tola da Vouga chegara a esa situación de abandono e desamparo. Argallaba no meu maxín unha historia triste, onde a probe muller quedaba viúva e sen fillos porque o barco onde traballaban os seus fora engulido polas ondas do vendaval i ese fora o motivo e a razón de que perdera a cordura a coitada, e cando lle berraba o horizonte axitando os brazos de forma desesperada , cría eu que o facía dirixindo a súa ira para as ondas, por habérenlle roubado os seus.
Marchaba a Tola da praia e volviamos os nenos para seguir coas nosas andrómenas.
Pasou o tempo e un día dinme conta de que a Tola da Vouga xa non se vía polas praias nin polas veiras.
Esvararon os anos, e o recordo da Tola da Vouga quedou gardado medio esquecido nun recuncho, no lugar onde se gardan os recordos afastados, e onte, camiñando por aquelas praias onde xogaba de neno, acudiu a min e lembranza da pobre muller vestida de farrapos e coa súa longa i enguedellada cabeleira gris , collendo caramuxas e berrándolle o vento.
Muros e mailo Mar ///
Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós
1 comentario
replica handbags
22 oct 2009 | 10:02 AM
christian louboutin louis vuitton handbags discount handbags
Escribe un comentario