CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar) vén de poñer en marcha unha nova inciativa no eido ambiental da pesca, o proxecto Nada pola borda, relacionado co manexo e xestión dos residuos sólidos no mundo pequeiro e portuario, seguindo a liña iniciada cos proxectos OMAR (Observatorio Medioambiental sobre os residuos solidos das actividades pesqueiras, acuícolas e portuarias de Galicia) e co proxecto LIFE+, 3R FISH, en execución na actualidade. No documento adxunto achégase un resumo do proxecto en canto accións e obxectivos específicos.
No marco deste proxecto está previsto a realización dunha serie de accións actividades cos profesionais e as embarcacións pertencentes a distintos segmentos de flota pesqueira de distintos portos de Galicia (xa iniciada en 5 portos). O obxectivo é que a propia flota desenvolva tarefas de limpeza voluntariamente dos fondos mariños traendo a porto os residuos que veñen nos seus aparellos e, unha vez aquí, ser xestionados conforme a unha acaída xestión ambiental. O fin último é axudar a acadar un medio mariño máis limpo e a concienciación ambiental global e do sector pesqueiro nas súas tarefas cotiás, axente clave no ámbito mariño e nas instalacións portuarias da costa galega.
Debido á súa natureza e ao particular requerimentos de desenvolvemento desta iniciativa ambiental, consideramos de suma importancia e de interese para todos, a partipación da súa asociación e dos seus membros nas experiencias a desenvolver nos portos de inicio do proxecto, coa flota pesqueira alí operante. Por suposto, os medios materiais e requerimentos loxísticos corren a cargo do proxecto, polo non suporía custe ningún para os participantes da confraría:
- Saquetas do tipo big-bag (de volumes: 1m3 ou 0,5 m3
- "Casetta-Contedor" en porto identificativo pra a experiencia Nada pola Borda
- Elementos-pegatinas difusoras da participación do barco na experiencia
- Material de "merchandising":
- Posible Concurso-Premio ás iniciativas-ideas relacionadas que xurdan no sector.
- Xornadas e talller de difusión e sensibilzacion ambiental.
- ETC.
(MÁIS QUE DE "REQUERIMENTOS" HABERÍA QUE FALAR DE ASPECTOS E MATERIAL NECESARIO PARA REALIZAR A EXPERIENCIA).
De estar interesados, poden poñerse en contacto con nós (Xan Lueiro, 986 247 047 - Ext. 609 // xanlueiro@cetmar.org ) e con muito gusto nos desprazaremos ao seu porto para exporlles o proxecto e as posibildiades de participación.
Infelizmente ainda vemos muita coisa que vai pela borda fora,passei a minha vida no Mar e assisti a muitas atitudes negativa,têm que se mudar as mentalidades e multar a quem não cumpre as leis pois que já muitos países que assim o fazem...
Saudações marítimas.
José Castro