La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Acto da Falanxe na Praza do Mercado de Muros (foto do arquivo de Xosé Manuel Otero)


 

Durante os cinco anos de vida da Segunda República artéllanse nos termos municipais da península do Barbanza e na área xeográfica da ría de Muros un conxunto de agrupacións políticas e organizacións sindicais de distinta significación política e con unha acusada actividade.

Sen dúbida, a vitoria nas eleccións celebradas na primavera do 31 dos partidos republicanos e socialistas, propiciou esta realidade política determinada por unha importante participación  dos cidadáns nos asuntos públicos e unha considerable afiliación das masas obreiras nas organizacións sindicais, capaces de defender os seus intereses de clase.

 En ningún destes concellos a vida da República tería un camiño doado. A radicalización das posturas como consecuencia da diverxencia ideolóxica e os enfrontamentos políticos debidos a rapidez coa que se desenvolven determinados acontecementos, provocará cambios na composición dos gabinetes locais como froito dunha continua confrontación dialéctica.

 Co triunfo da sublevación militar en Galicia, a situación política republicana sufrirá unha total liquidación e, por orden das novas autoridades militares, producirase unha renovación completa dos dirixentes destes concellos.

 

O concello de Muros non foi axeno a estes cambios, e destituída polos golpistas a corporación municipal democraticamente elixida polos veciños, formouse o día 2 de decembro de 1936 unha xestora provisional que estaba integrada polos seguintes membros.

 

Alcalde Presidente                         Adolfo de Sel y Portillo

Primer Tenente de Alcalde             Pablo Roura Paz

Segundo Tenente de Alcalde        Francisco García Fuentes

Terceiro Tenente de Alcalde          Enrique Goday Goday

Cuarto tenente de Alcalde              Manuel Rama Caamaño

Síndico                                            Manuel Rodrigez París

 

Concellales

Pedro Mayo Lestón

Manuel Rama Piñeiro

Abelardo Dubert García

Antonio Lamela Lago

Arturo Iglesias Lago

Pablo Caamaño Beiro

Francisco Sande Fernández

José Lamela Cernandas.

 

 

 

Logo, aínda durante a Guerra,  constituíuse unha nova corporación o día o día 13 de Abril do 1938 integrada polos seguintes nomes.

 

Alcalde                                                          José Beiro Uhia

Primeiro Tenente de Alcalde                     Francisco García Fuentes

Segundo Tenente de Alcalde                     Manuel Lado Formoso

Terceiro Tenente de Alcalde                      Manuel Caamaño Torea

Cuarto tenente de Alcalde                           Esteban Uhia Barreiros

 

Concellales

 Marcelino Llorens Fernández

Manuel París García

José Ramos Fernández

Hipólito Sánchez Lois

Manuel Fernández Lestón

Ramón García Hermida

Manuel Rodríguez París

José Rodríguez Bua

 

 

Nomes algúns, e apelidos de renomeados falanxistas de esta Vila que naqueles escuros anos de medo e represión foron que rexeron os destinos municipais.

Deus, ou quen sexa no seu lugar, nos libre de todo mal para que tamaña infamia non volva a acontecer nunca xamais.

  

 


 

      Para saber mais : 1936 A GUERRA CIVIL EN LOUSAME E NOIA (Xerardo Agrafoxo)

ISBN : 84-606-2340-8

 

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM