Levo todo o día sen saír da casa, mirando de cando en vez pola fiestra como cae a chuvia sobre a estrada e como vai medrando coa auga o hasta fai poucos días seco i esgotado regato que pasa o carón da miña casa. Vendo como as follas da pereira da miña horta comézanse a tinxir de ouro e as peras, teimudas como elas soas, seguen estando duras aínda como petóns; E o meu pobre teixo..ah o meu pobre teixo! que non da arrancado, coas súas ponlas medio decaídas.e que se mantén nun difícil estado de equilibrio entre o verde e o amarelo, todo o contrario que o limoeiro que se ergue desafiante na outra esquina da horta apuntando o seu co seu bico o ceo e cheo de froitos.
Cando me canso de mirar pola fiestra, retomo outra vez a miña lectura dun vello libro rescatado da morea de vellos exemplares que se amorean nos meus estantes.
Gústame o cheiro dos libros vellos coas súas paxinas amarelentas , gústame volver a reler as vellas notas o pe de paxina que escribín a primeira vez que lin o libro, fai xa moitos, moitos anos, e darme conta que hoxe non escribiría esas cousa no marxe de ningún libro.
Noutros momentos achégome o ordenador para mirar a prensa ou para escoitar algo de musica mentres miro se algún amigo publicou algo no "facebook" , ou como agora mesmo, escribir algunha cousa que me veña o maxín.
Un día un pouco depresivo, húmido, tristeiro e feble pero a un mesmo tempo doce, melancólico e tenro.
Vou seguir co meu vello libro, que teño que rematalo hoxe.

1 comentario
Jesús
26 oct 2009 | 10:19 AM
Esas peras tan duras como mejor están es asadas en el horno. ya veo que los antojiles estan bien regados.
Un abrazo Manuel y arriba ese ánimo.
Dice Mila que consejos doy y "pa mi no tengo".
Escribe un comentario