La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau

Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

2, nov

Flores de outono

homesdepedraenbarcosdepau En: xogando co as verbas

O crepúsculo pecha o paso ás douradas lanzas solares, que se afastan silenciosamente dos pétalos caídos sobre o chan. As bágoas do atardecer, orballo vespertino, bañan co seu húmido manto as flores do meu xardín. Ao lonxe a baía ateigada de silenciosos navíos, levitan sobre a auga e a néboa, intentando aspirar a esencia deste outono que anoitece. Non todo é morte nin follas secas neste presaxio de inverno, sobre a húmida terra florecen as rosas do mariñeiro. Son variadas as súas formas, sabores e cores, dando vida a unha horta de abundantes nostalxias. Mentres detéñome un segundo, aspiro os aromas das roseiras. Son flores do outono, inverno, primavera e verán. Declaracións de amor con bombóns e carta en man.

 

3 comentarios

Silvia

6 nov 2009 | 01:07 PM

Avatar

Encántanme as túas fotos e as túas verbas. Graciñas por iste pequeno anaco de placer

homesdepedraenbarcosdepau

6 nov 2009 | 02:11 PM

Avatar

Silvia

Benvida a este recuncho pequeno onde se xunta o mar, Muros, e lembranzas e mailas vivencias dun mariñeiro. Unha mestura un tanto peculiar, un caixón de “sastre” ou un desastre de caixón, hai para elixir.
Alédome de que te sintas a gusto aquí e espero que veñas cando así o teñas a ben.

Apertas mariñeiras e muradanas

RIODERRADEIRO (**)

7 nov 2009 | 10:00 PM

Avatar

Non son quen de apañar a rosa, que é canto maior da primavera; pois, en conciencia e por amor, endexamais debo dicirlle miña.

Alma do toxo verde, deixa multiplicarse a flor de ouro que sempre levas dentro.

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM