La Coctelera

Homes de pedra en barcos de pau
Muros e mailo Mar /// Fomos ficando sós o Mar o barco e mais nós

Fotos

homesdepedraenbarcosdepau todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

9, nov

Naufraxio da dorna "Magdalena"

homesdepedraenbarcosdepau En: Naufraxios

Fotografia de Benigno Louro Sendón



O día 26 de Marzo de 1913 desatouse un violento temporal nas costas de Galicia, moitas pequenas embarcacións que saíran esa madrugada a pescar víronse sorprendidas polo virulento temporal do SW.  tendo que salvar enormes dificultades para regresar a porto, pero algunhas non o conseguiron.
A dorna "Magdalena" saíra de Muros esa madrugada coa intención de pescar nun caladoiro situado a oito millas ao WSW. de Monte Louro denominado "Mar dá Ola". Ía patroneada polo muradán Manuel Andrade Martínez levando como tripulantes a un fillo seu de curta idade e ao mozo de 15 anos Manuel Fernández Martínez.
As familias dos mariñeiros que saíran esa mañá ao mar amoreábanse no porto esperando ver remontar a punta do Rebordiño aos seus que chegaban exhaustos despois de pelexar varias horas contra as enormes vagas e os fortes ventos.
 María Lago, esposa de Manuel Andrade preguntaba a todos os que arribaban a porto pola sorte dos seus, José Martínez Álvarez (Pepe de Chuvasco), patrón da lancha "Peregrina" confirmoulle que os vira antes de desatarse a tormenta en "Mar dá Ola" pescando, pero que logo non os volvera a ver.
Pasaron as horas e María foise quedando soa no porto muradán co convencemento de que o seu marido e o seu fillo xa nunca regresarían ao seu lado con vida.
Días despois sóubose que os restos da dorna "Magdalena" apareceron nas praias do municipio próximo de Cee, dos corpos dos desgraciados mariñeiros, nunca mais se soubo.
Outros tiveron mellor sorte. A lancha "Fortuna" da Virxe do Camiño que saíra esa mesma madrugada para pescar no Canto ""arribou ao día seguinte no porto de Camariñas cos seus cinco tripulantes exhaustos pero vivos.

Un inverno máis o mar cobrouse nesta vila o seu tributo de vidas humanas.

Escribe un comentario

Sobre Homes de pedra en barcos de pau

Avatar de homesdepedraenbarcosdepau Homes de pedra en barcos de pau ver perfil »
contacto »

Son mariñeiro dende que tiña 15 anos , o sexa que non esperedes topar aquí ningunha xoia literaria nin reflexión con mais de 200 brazas de profundidade. Pero cariño o mar e un chisco de sensibilidade , si atoparedes. ................................................................................................................................................ ................................................................................................................................................. Contador Web
contador de visitas Webstats4U - Web site estadísticas gratuito El contador para sitios web particulares
Contador gratuito
CONTACTO con tacto HOMESDEPEDRA@GMAIL.COM