
Contrucción dun pailebote nos estaleiros da praia do Castelo
Esta é a lista de barcos de carga ou pasaxe (non pesqueiros) censados na axudantía de mariña de Muros dende o ano 1855 hasta a actualidade.
Algúns deles son xa vellos coñecidos como o "Joaquin Vieta", "Compostelano2º" ou o "Reboleño" pero a maioría deles son descoñecidos para min.
Seria de agradecer que si alguén quer ou pode aportar algún dato mais sobre calquera dos barcos do listado, o faga, así coñeceremos un pouco mellor a estes vellos barcos que nalgún día compuxeron a flota mercante muradá
TIPO DE BUQUE NOMBRE AÑO CONSTRUCCION
PAILEBOTE AMALIA 1855
PAILEBOTE VIRGEN DE LOS 1860
DOLORES
PAILEBOTE NVO. TRES HERMANOS 1860
GALEON AFORTUNADO ex 1862
EDUARDO
PATACHE ILDEFONSO 1864
BERGAN GOLE DOS AMIGOS 1870
POLACRA-GOL EMILIA 1870
BALANDRO MANUEL 1870
QUECHEMARIN NI MÁS, NI MENOS 1873
GALEON PEPITO 1873
BERGAN.GOLE MUROS 1874
QUECHEMARIN PEPITO 1874
QUECHEMARIN ANGELITA 1876
QUECHEMARIN S. FRANCISCO 1883
GALEON JOSÉ 1884
BALANDRO VILLA DE NOYA 1884
GALEON JOSÉ 1884
BALANDRO CARRIZO ex S. RAMÓN 1884
BALANDRO GUADALUPE 1886
GALEON SEL 1888
PAILEBOTE P.A.M. 1890
PAILEBOTE PAQUETE DE VIGO 1892
EX LOS CUATRO
AMIGOS
GALEON CASTRO 1893
PAILEBOTE S. FRANCISCO 1893
BALANDRO VENUS 1894
BALANDRO DELFINA 1894
GALEON PEPITA BLANCO 1896
GALEON FELIX ROMANI 1899
PAILEBOT SANTIAGO 1901
BALANDRO VEREMOS 1901
BALANDRO ARTURO 1901
BERGAN GOLE JULIANA 1901
GOLETA FAVORITA 1901
PAILEBOTE JOAQUIN
BALANDRO ADELA 1901
BALANDRO SANTO DOMINGO 1901
GALEON ROMANI 1902
BALANDRO PORTALS 1903
BALANDRO VALERIANO VELASCO 1906
BALANDRO PEPITO 1907
BAL. MOTOR ROSARIO 1908
BALANDRO SAN JOSÉ 1908
GALEON ARTURO 1908
BALANDRO PAQUITO 1909
GALEON VIETA 1902
BALANDRO SAN JOSÉ 1910
BATEA PANDORA 1910
BALANDRO RIO ULLA Ex 1910
COMERCIO DE
ESTEIRO ex ELISA
Ex MARINA
BALANDRO R.P. REBOREDO 1912
LANCHA JOSEFINA 1913
BALANDRO MARÍA MANUELA 1913
LANCHA A VAP. ROMANI HERMANOS 1913
PAILEBOT REBOLEÑO 1914
BALANDRO MARÍA DOLORES 1914
BALANDRO FRANCISCA 1915
BALANDRO PORTALS 1º 1915
BALANDRO LUIS PÉREZ 1915
BALANDRO EMMA 1916
BALANDRO JOAQUIN VIETA 1916
O Joaquín Vieta é un balandro de dous paos, feito de carballo e piñeiro do país con cravazón galvanizada, construído no estaleiro do Freixo (Outes) en 1916 coas seguintes características:
Eslora: 15,00 metros
Manga: 4,63 metros
Puntal: 1,67 metros
Calado máximo a popa: 1,67 metros
Calado máximo a proa: 0,91 metros

O Joaquín Vieta navegando na Ría de Muros
A súa tonelaxe total é de 31,08 Tn. cun desconto de 1,72 que dá unha tonelaxe neta de 29,36. Carga máxima: 38,00 Tn e desprazamento en máxima carga, 62,16. (Estes datos serían alterados na profunda remodelación que o barco sufríu en 1952).
Cita textual de: Derrota e Singraduras do Joaquín Vieta, Xosé Agrelo Hermo. Ed. Toxosoutos, 2005
cortesia da Singradura da Relinga
GALEON CORAZÓN DE JESÚS 1916
MOTORA CENTELLA 1917
PAILEBOT FORMENTOR ex 1917
MUROS SEGUNDO
PAILEBOT PEPITA 1917
GALEON MARÍA JUANA -------
PAILEBOT CARMEN 1918
PAILEBOT PLACIDO CESAR 1918
PAILEBOT CORAZÓN DE Jesús 1918
Ex MUROS PRIMERO
BALANDRO JORGE --------
PAILEBOT HERIBERTO 1918
GOLETA AURITA ex AUREA SOTO 1919
PAILEBOT COMPOSTELANO 2º 1920
BAL. MOTOR LOLITA 1920
BALANDRO VICTOR CARLOS 1920
BAL. MOTOR JOSÉ RAMÓN 1920
BALANDRO JOAQUIN PÉREZ 1920
1932.- O 1º de xullo, data histórica para Galicia, a bordo do "Joaquín Pérez", deste porto, ondeou por primeira vez nun buque, soa e sen ningunha outra, a bandeira Galega. Foi con motivo dun cruceiro de estudos que fixeron alumnos e profesores desde esta vila e porto, percorrendo a costa galega, ata Vigo.
BAL. MOTOR VISTA HERMOSA 1920
Ex IGLESIAS
BALANDRO JUAN JOSÉ
BALANDRO JUANOT COLONI ex 1921
MUROS TERCERO
BALANDRO SANTA ISABEL 1922
BALANDRO SARMIENTO 1922
BALANDRO MERCEDES 1922
BAL. MOTOR LUISA 1924
BAL. MOTOR LOLITA GODAY 1927
BAL. MOTOR ASUNCION BLANCO 1931
BALANDRO NVO .SAN MANUEL 1932
VAPOR Nº JOAQUIN PÉREZ 1943
LANCHA A MOT. A.S. 32 1941
BALANDRO SANTA MARÍA 1944
BALANDRO JOSEFA CAMBEIRO 1942
BALANDRO PÉREZ SEPTIMO 1943
GALEON MATIAS MORENO 1945
BAL. MOTOR MATIAS MORENO 1945
BAL. MOTOR BALADIÑO 1949
BAL. MOTOR CARMEN ROMANI 1954
MOTO VELERO PILAR DOSIL 1961
Lista copiada dos arquivos actualmente existentes na Capitanía de porto de Muros

4 comentarios
Xocas
11 nov 2009 | 10:27 PM
Moi bo traballo, Manuel.
Se se fixera o mesmo traballo en cada capitanía teriamos moito andado.
O Fartura
12 nov 2009 | 12:06 AM
Gracias Manuel:
Tanto meu pai como meu avó se adicaron a marina mercante ao igual que a maioría da xente da nosa zona.
Por exemplo Esteiro xunto con Palmeira, según información dun estudio que fixeron os sindicatos suecos do sector, eran as entidades de poboación de Europa Occidental con maior proporción de traballadores ocupados na marina mercante a principios dos anos 80.
Este feito ata hai moi pouco sempre o interpretei simplemente como un fenómeno migratorio sen máis. A explicación está na longa e relevante nun ámbito xeográfico amplio da marina mercante con base na nosa Ría.
Este traballo que fixeches deixa en evidencia este feito histórico, que desafortunadamente é pouco coñecido.
Noraboa e unha aperta mariñeira.
homesdepedraenbarcosdepau
18 nov 2009 | 10:35 AM
Ola Xocas:
Ainda me quedan varias "xoias" que saquei de capitania. xa as irei publicando pouco a pouco.
Apertas
homesdepedraenbarcosdepau
18 nov 2009 | 10:49 AM
Ola Moncho:
Eu falo moito da pesca e dos pescadores de Muros, por que é o que mais me compete, pero os tripulantes e mariñeiros da mariña mercante na nosa bisbarra foron e son lexión.
A partir da década dos anos 50 foi tan grande a afluencia de mariñeiros do noso concello a mariña mercante, que era moi rara a casa que non tiña a algun ou a varios dos seus membros percorrendo os oceanos a bordo de mercantes de distintan nacionalidades.
Neses anos as preferencias ian polos de bandeira sueca e norueguesa, porque na mercante nacional os soldos era ainda moi cativos e os barcos moi vellos. Foi na decada dos 80 en que as condicions laborales e economicas melloraron bastante cando mitos se quedaron en barcos de bandeira española. pero durou pouco esa regalia, pois as navieiras empezaron a abandeirar os barcos con pabellóns de conveniencia e trocaron en moitos casos os tripulantes por outros de paises subdesenrolados que saian mais baratos.
Ti xa coñeces mellor que min esas vicisitudes, pois tocouche mais de preto.
E tamen sabes que moitos deses mariñeiros que percorreron medio mundo a bordo de barcos mercantes, mamaron o mar nestes outros mais cativos.
Unha aperta
Escribe un comentario