Artigo 9º da Declaración dos Dereitos do Neno.
O neno debe ser protexido contra toda forma de abandono, crueldade e explotación.
Non será obxecto de ningún tipo de trata.
Non deberá permitirse ao neno traballar antes dunha idade mínima axeitada; en ningún caso se lle dedicará nin se lle permitirá que se dedique a ocupación ou emprego algún que poida prexudicar a súa saúde ou educación ou impedir o seu desenvolvemento físico, mental ou moral.
os nenos confían nos maiores, e eu confío nos nenos que son quen vai quedar aquí e quen vai cargar cos problemas deste mundo. ¿Quen pode crer que os asquerosos pederastas foron nenos algunha vez? Eu tamén puxen o debuxo no meu blog, nel non son benvidos pederastas
Mónica
Cada un de nós aportando a nosa pequena gota de auga, conseguiremos formar un rio , unha corrente que leve a todos eses depravados a onde teñes que estar, na cadea.
Apertas