Lanchas nunha rambla da praia do Castelo
A galerna que se desatou nas costas de Calicia sen aviso previo o día 8 de xuño de 1936, tivo tráxicos efectos en Muros.
Ben afastada da costa foi sorprendida a pequena embarcación "América", afogándose os seus tripulantes, Armando Caamaño, de vinte e tres anos, casado; Gerardo León Caamaño, de vinte e cinco, casado, e Ramón León, de dezanove, solteiro. A esposa de Armando estaba próxima a dar a luz, así como a de Gerardo, que tenia xa tres fillos de curta idade. Ramón deixou á súa anciá nai en situación moi precaria. O mar guindou á praia de Área Maior os restos da embarcación. O alcalde Muradán xestionou dos Poderes públicos algún socorro para as familias dea as vítimas, as cales non estaban aseguradas nin pertencían a ningunha mutualidade. Ademais, o dono da "América "era persoa que carecía de medios económicos
Ola de novo! Ao ler "O naufraxio da lancha América" lembreime do que me contaba a miña avoa Rita sobre o naufraxio dunha lancha, da que non sei o nome, na que morreran dous cuñados dela. Chamábanlle "os Xaponeses", eran irmáns do meu avó, que vivían no Chalón. Non me lembro dos nomes, pero os apelidos eran Maceiras Ramos. O naufraxio foi preto de Montelouro e creo que hai un cruceiro na baixada no que trae os nomes dos que morreron neste feito. Gustaríame saber algo máis disto se ti tiveses algún dato. Un saúdo desde Moraña.
Ola Mila.
Teño oído falar dese naufraxio, é mais, creo que nalgún arquivo teño unha foto da cruz que está preto da lagoa. Pero eses datos son a todas luces insuficientes.
Remexín en varias hemerotecas para tratar de topar algún dato mais, pero non atopei nada. Supoño que ese naufraxio ten ocorrido poucos anos despois da Guerra Civil, e esa era unha mala época hasta para finar; Porque a censura que se cernia sobre calquera tipo de información incluía as que facían referencia os feitos lutuosos ou tráxicos e entre eles por suposto incluía os naufraxios.
Hai unha lagoa informativa de todos estes feitos hasta ben entrada a década dos 50, e por iso moitos naufraxios e mortes que houbo en tódolos pobos da costa durante eses escuros anos, quedaron sen referenciar.
Moitos datos sobre naufraxios eu obtívenos grazas as lembranzas da xente maior da vila, pero os recordos soen ser traizoeiros no referente a datas e nomes. Aínda así preguntarei haber se alguén me pode dar algunha nova mais do naufraxio dos teus devanceiros.
Unha aperta