Copia do rexistro do "Joaquín Perez" na Ayudantia de Marina de Muros (1920)
O día 1º de xullo de 1932, data histórica para Galicia, no balandro "Joaquín Pérez", deste porto, ondeou por primeira vez nun buque, soa e sen ningunha outra, a bandeira Galega. Foi con motivo dun cruceiro de estudos que fixeron alumnos e profesores desde esta vila e porto, percorrendo a costa galega, ata Vigo.
Esta é a copia literal do rexistro do "Joaquín Perez" existente nas dependencias da Capitania Marítima de Muros
Balandro para motor "Joaquín Pérez" Folio 71
De la propiedad de Don Antonio Pérez Rodríguez, vecino de Muros, construido en Esteiro por el maestro carpintero Joaquín Brea Cernandas en maderas de roble, pino del país y clavazón de hierro galvanizado, habiéndose importado los materiales empleados dos mil pesetas, y los jornales otras dos mil pesetas, siendo su costo total el de cuatro mil pesetas (4000).
Reconocido y arqueado que fue por el Ingeniero Inspector de esta provincia marítima resultó ser de las siguientes dimensiones:
Eslora en la cubierta entre los cantos exteriores de los alefrices de la roda y codaste 16.28 metros
Manga fuera de forros 4.77 metros
Puntal central bajo cubierta 1.40 metros
Tonelaje total 24.65 Toneladas
Descuentos 1.39 Toneladas
Tonelaje neto 23.26 Toneladas
Cuyo buque se encuentra solidamente construido y en condiciones de ser autorizado para dedicarse a la navegación de cabotaje, presentando su armador para esta inspección copia de escritura de propiedad otorgada ante el notario D. José Rodríguez Pequeño que se devuelve al interesado, uniéndose a esta autorización testimonio de dicha copia en la que consta pagó los Derechos Reales a la Hacienda.
Muros 7 de septiembre del 1920
Firmado y sellado
Que interesante¡¡¡¡
Por favor, pódesme mandar ao meu e-mail a copia do rexistro para poder vela máis grande e pasarlla aos amigos do Grupo de Esteiro.
De antemán, Gracias.
Unha aperta mariñeira.
Estou moi interesado na túa opinión a respecto desta cuestión:
http://singraduradarelinga.blogspot.com/2009/11/fotos-do-freixo-m...
Unha aperta mariñeira.
A famosa balandra dos Ultreya, se non me engano, que tanto deu que falar e inspirou algunha que outra poesía. Se non me engano hai fotos dela aínda nalgunhas casas selectas, por desgraza eu só mirei unha na Fundación Penzol de Vigo.
Tes toda a Razón Kamikaziño:
É a famosa balandra dos Ultreya, o "Joaquin Perez" que saiu de Muros enarborando a bandeira azul e branca na sua popa. 24 expedicionarios entre mestres e alumnos percorreron en unha viaxe histórica as Rias Baixas ata chegar a Vigo.
Don Fermin Bouza Brey compuxo esta "Regueifa" en lembranza de tan senlleiro viaxe.
A balandra dos “Ultreya”
leva os corazóns por vela;
navega cara ao Futuro …
¡toda Galiza vai nela!
Toda Galiza vai nela,
prenda do meu paladar.
¡Os mares polo Infinito
que leviáns son de pasar!
Que leviáns son de pasar,
prenda do meu corazón,
os astros forma triskeles
en cada constelazón.
En cada constelazón
oise cantar unha estrela:
“Velaivén a fror das naos,
¡¡¡toda Galiza con ela”!!!
Por certo, eu teño copia de tódolos papeis que do "Joaquin Perez" existen na capitania de porto de Muros, pero non teño ningunha foto do balandro.
Apertas
Manolo,¿ te importaría que cuando vaya a Muros haga copia de todos esos papeles?. Mi mejor amiga ( nos consideramos como hermanas ) es nieta del armador de ese barco ( filla de Toñito Pérez ) y se que le hará mucha ilusión tenerlos. Gracias Marisé
Por suposto Marisé, dao por feito. E se a tua amiga conservase algunha foto do "Joaquin Perez", gustariame moito poder tela.
Apertas