A illa  da Creba

Plinio menciona nos seus escritos á pequena illa da Creba, en Esteiro, preto de Muros. Esta tamén é centro de antigas lendas entretecidas con retallos de mitos gregos. Houbo en certo tempo un castelo mouro na illa, e á beira un templo sostido pola filla do xefe árabe, dono do castelo. Un día os cristiáns de terra firme invadiron a illiñapola forza, mataron atódolos mouros, incluíndo ao pai da sacerdotisa.e destruíron o ídolo do templo. Desde a pasaxe sotarrega onde se acubillou, a sacerdotisa real invocou a vinganza dos Deuses. Daquela aparecéuselle un xenio que lle prometen cumprir os seus desexos se se deixaba levar por el. Tan axiña como consentiu, estourou unha gran treboada e vagas enormes brincaron sobre a illiña destruíndo o templo, o castelo, aos invasores cristiáns e á princesa moura, que se transformou nunha serpe. Os cristiáns convertéronse en touros e foron obrigados a servir á serpe. O xenio destruidor seguiu a causar treboada e naufraxios nos arredores ata que un santo ermitán que vivía nas fragas tras de Muros crebou o feitizo, suxerindo que a pequena illa debería bendicirse e construír sobre ela unha capela dedicada a Nosa Señora. Desde ese día os mares estiveron calmos; a Virxe cristiá venceu, en efecto, o poder da serpe e do xenio, ou sexa, o dos ídolos precristiáns e do profeta mouro.