1966.- 25 de febreiro. Afundimento da fragata de guerra "Ariete" nos baixos da "Arquiña", moi preto da capela dos Remedios de Lira.
O "Ariete" embarrancado
A carencia de medios na España da ditadura franquista na posguerra , acadaba a case que todos os sectores sociais e institucións do estado. A armada non ía ser menos. A falta de recursos materiais e medios era suplida por unha inxente cantidade de "recursos humanos".A case totalidade dos mozos pasaban dous dos mellores anos das súas vidas, nun servizo militar obrigatorio no que as mais das veces as tarefas militares eran secundarias ou case inexistente. Camareiros, choferes , empregados de fogar e de limpeza, xardineiros, carpinteiros ou mecánicos o servizo dos oficiais e das súas familias eran as tarefas mais comúns entre a tropa de reemprazo. O servizo de armas era secundario "sobraba xente".
Os que tiñan a sorte de estar embarcados, tampouco se mancaban co esforzo de grandes navegacións nin de exercicios tediosos, pois a maioría das unidades navais eran vellos cascallos obsoletos que case nunca podían saír o mar.
A elite franquista sabedora de estas carencias intentou de algún modo palialas ca construción de novas unidades que remoceasen a nosa Armada.
E entre outros proxectos naceu a clase Audaz , concibidos para ser torpedeiros, pero que logo se lles cambiou a categoría nomeándoos co pomposo nome de "fragatas lixeiras" .
Cóntanse que o deseño destas unidades obtívose duns planos que os alemáns roubaran os franceses durante a ocupación na segunda guerra mundial do pais galo; E que grazas a "amizade" entre Franco e Hitler, púidose facer o goberno español con eles.
Nove unidades de esta clase serian construídas e as nove darían grandes quebradeiros de cabeza a Armada Española.
Aqueixados de graves problemas de fiabilidade nas súas plantas motrices e faltos de una correcta estabilidade , a serie dos Audaz foron una das mais desafortunadas que tivo a Armada. E no medio deles naceu o Ariete, digno representante de esta pésima serie , no transcurrir do tempo sería un dos mais prexudicados .
O 24 de febreiro de 1955 foi botada en augas do Ferrol a fragata lixeira Ariete; Exerceu de madriña do buque a Sra. María Moro , dona do que era gobernador militar da praza.
Foi entregado definitivamente a Armada en decembro do ano 1961, dezaseis anos despois da súa posta en quilla.
Posuía unha eslora de 94 metros e desprazaba 1552 Tons. Que eran movidas por dúas turbinas de vapor con unha potencia de 30.800 Hp. A unha velocidade máxima de 32 nos.
Xa dende un principio foron evidentes os seus defectos e a súa mala condición mariñeira , tendo que entrar en repetidas ocasións en dique para diversas reparacións e modificacións.
No mes de febreiro de 1966 estando no Ferrol, recibe a orde de dirixirse a Cartaxena , e sae de porto as 12 da maña do día 24 de ese mesmo mes co rumbo de sur, na procura de recalar no cabo Finisterre.
Pero o tempo era fresco de SW. e a Costa da Morte agardaba cas fauces abertas para engulir a outro navío mais .
O tempo ia empeorando por momentos e o chegar a altura de cabo Touriñán xa tiñan ventos de forza 9 con refachos de vento de ate 120 Km/hora.
O comandante do Ariete , o capitán de corveta D. Francisco Carrasco Ruiz ordea tomar as medidas de pecaucion regramentarias en caso de temporal e a primeira delas e reducir a velocidade de marcha.
E preciso subliñar que toda a súa tripulación gardou en todo momento una gran serenidade, e comportouse con una gran profesionalidade e disciplina baixo todos eles da "batuta"do seu comandante.
Continuan navegando con dificultade e o chegar a altura de Finisterre o mar xa arbolaba , tendo que reducir a súa velocidade case o mínimo . A partir de ese momento comezan a xurdir unha serie de circunstancias e avirías que levarían ate o embarrancamento na praia do Ardeleiro en Lira do navío.
O primeiro contratempo sucedeu o avariarse a xiroscópica, logo as bombas que subministraban auga as caldeiras comezaron a fallar,
Son arredor das cinco da tarde e no medio dun forte temporal e case sen goberno o seu comandante toma a determinación de dirixirse a porto seguro.
Primeiro acordan de entrar en Muros pero logo deciden ir para Marín onde poderían arranxar mais doadamente os seus desperfeutos nos peiraos da escola naval militar.
Vaise facendo de noite e os problemas continúan. Un golpe de mar abre un burato na proa do barco a altura dun sollado da mariñeiría.
Pasan toda a noite loitando contra as embravecidas ondas da costa de Muros, e cando comezaba a despuntar o día, arredor das oito da mañá estando a altura de Corrubedo, teñen que parar as súas maquinas a causa da auga que había entrado nos tanques de fuel-oil.
O Ariete xa seriamente danado queda o garete no medio de xigantescas ondas .O seu comandante trata de pedir auxilio , pero as avirías eléctricas impídeno hasta arredor das 10 da mañá.
O mensaxe de socorro e recollido pola radio costeira de Finisterre , e polo petroleiro da CAMPSA Camporraso que facía viaxe de Bilbao a Alxeciras.
O Capitán do Camporraso pon proa inmediatamente o navío.
No Ariete intentan por todos os medios poñer de novo en marcha a maquina , mentres se achegan perigosamente os baixíos da Praguiña en Corrubedo.
Son as doce e media da mañá cando o petroleiro chega o seu costado, pero non pode facer nada mais que escoltalo pois non ten medios materiais para proporcionar un remolque.
O Ariete sigue derivando cara o nordeste, e a una do mediodía chega o seu costado o destrutor Legazpi . Neses momentos o Ariete atopase na altura de Monte Louro.
Con moita dificultade conseguen darlle un remolque, pero o pouco tempo as estachas parten como se fosen fíos.
Despois de moitos intentos de remolque nos que incluso chegan a tocarse entre eles, achéganse a perigosa restinga de Meixide, e os barcos que o escoltan teñen que afastarse del, pois correr perigo de embarrancar.
O Ariete sortea sen goberno os terribles baixíos entre ondas e escuma, hasta embarrancar xa con noite pechada preto das dez na praia do Ardeleiro en Lira.
A Sangue fría dos seus mandos e tripulantes, xunguida a inestimable axuda dos veciños de Lira, conseguiron que despois de dar un cabo a terra e armar un andarivel, fosen postos a salvo todos e cada un dos mariños.
Cumpríronse xa 41 años dende aquela odisea, pero aínda moita xente se lembra do naufraxio do Ariete.
Como testemuña do agradecemento da Armada a vila de Muros e os seus veciños pola acollida dos náufragos , unha das ancoras da fragata foi regalada a esta vila . Os que vos acerquedes por aquí poderedes vela no final do paseo que percorre a vila uns metros antes de entrar no porto.
Eu era moi neno cando aconteceu todo iso , pero aínda me lembro do almirante e Ministro de Marina Nieto Antunez dando unhas verbas de agradecemento os veciños dende o balcón da casa do concello.
Aínda non ben seco do seu baño radiactivo en Palomares , don Manuel Fraga a sazón Ministro de Información e Turismo , entre inauguración de parador e parador, achegouse a Muros xunto co Ministro de Marina Almirante Nieto Antunez , para dende o balcón da nosa flamante casa do concello, dar as grazas os valentes que axudaron o salvamento dos náufragos da fragata da Armada española "ARIETE" que embarrancou nas augas de Lira o día 25 de febreiro de 1966
Novas na prensa de eses días (La Hoja del Lunes)
El heroico comportamiento de los vecinos de los pueblos de Carnota, Lira y Muros que, desde los primeros momentos acudieron sin regatear esfuerzos a prestar todo el auxilio posible en las tareas de rescate de la tripulación de la fragata "Ariete" ha merecido los elogios de las autoridades de Marina.
- En efecto, es muy de destacar la actuación de estas gentes que han puesto de su parte todo lo posible para llevar a término el salvamento de la dotación del buque varado en las proximidades de la ría de Muros
LOS NÁUFRAGOS DEL ARIETE" ASISTEN A UNA MISA
Marín, 27. (Cifra).-El ministro de Marina, almirante Nieto Antunez llegó a la Escuela Naval Militar, donde le rindió honores el batallón de la Escuela y la Compañía de Marinería que revisó y desfilaron ante el Ministro y -Director de la Escuela.-
Después asistió a una misa en la capilla de la enfermería de la Escuela a la que asistieron los náufragos del "Ariete". Terminado el oficio religioso pronunció unas palabras a la dotación del "Ariete" haciendo grandes elogios de su disciplina que permitió el salvamento de toda la tripulación y poniendo de manifiesto la unión de las Marinas de Guerra y Mercante y de Pesca. Elogió a la tripulación del "Legazpi" que contribuyó al salvamento de la dotación del "Ariete", y posteriormente salió para Muros para visitar el lugar donde se produjo el accidente del "Ariete".
O Taxista "Juan de Lariño" Condecorado pola sua axuda os Náufragos do "Ariete"
1970.- O casco da Vila de Muros foi declarado Conxunto Histórico Artístico. Sendo alcalde da vila D. Fernando Rey Hermida.
Vinte e cinco quilómetros de costa para gozar, unha ría que agocha os segredos dunha vila con encanto. Muros sorprende pola súa singularidade, mantén o aspecto de vila antiga, intacta. Non estráñanos que sexa declarado conxunto histórico artístico no 1970.
Está formada por rúas estreitas, casas mariñeiras e nomes de soño, rúa da esperanza, da paciencia, da amargura, da Misericordia.. Foi definida como "Villa mariñeira que conserva os seus valores ambientais típicos e pintorescos" e mantén a súa estrutura histórica medieval.
E así como mantén as casas e o ambiente mariñeiro de antano, os seus costumes tampouco cambiaron moito. 400 familias viven da pesca.
O porto pesqueiro non perde actividade, pero agora comparte espazo con embarcacións de recreo.
Damos un paseo pola vila. Trece dos seus edificios son de gran interese, doce relixiosos, como a colexiata de Santa María, do século XII, hoxe xa cunha mestura de estilos. No noso paseo facemos parada no Hospital de pobres, do século XIV ou na igrexa de San Pedro, do século X.
Me acuerdo perfectamente de esa noche y de los días siguientes.Uno de los marineros se casó con una chica de Muros ( una hermana de Chus de Cachola )-
El señor que está en la foto en la esquina inferior izquierda es el señor PEPE Dosil, era buzo y luego se encargó del desguace del barco, yo iba a su casa a las fiestas de los Remedios y siempre venían a comer altos mandamases de la Marina de Ferrol.
Mira ti donde me veño enterar que o meu tio Juan de Lariño foi condecorado por axudar os naufragos do Ariete
Gustame como vendes a parroquia, ademais de ser certo canto dis, do pouco que coñezo en Muros.
Sigo lendo os teus escritos, sempre son moi interesantes e algo se aprende dos que saben.
Unha aperta amigo e felices reis
Marisé
Acórdome perfectamente do señor Dosil, e tamén de cando despezou ó “Ariete”. Os restos trouxéronos para Muros, as pezas grandes cortábanas os mergulladores e logo as depositaban no contramuelle “peirao de Marcote”. Estiveron alí bastantes meses, supoño que ata que foron vendidos para chatarra.
Ramón de Tono
Pois mira ti, eu non coñecía tampouco o da condecoración ata que vin a foto por primeira vez. Pregúntalle a túa familia que foi da medalla e mailo diploma, porque son historia.
Apertas
Queixa
Recompilar datos e doado, tan só fai falta un pouco de paciencia e de tempo.
O que está posto aquí tan só é unha pequena parte do traballo que teño feito. Tratei de ser o mais rigoroso posible, sen sen tendencioso nin parcial, recollendo os feitos os nomes e as datas . Algunhas veces non saímos moi ben parados os Muradáns, pero a historia é así, e así é como hai que contala.
Unha aperta
Cuando vaya a Muros preguntaré a Lolita o a Lolis ( la viuda e hija de Juan de Lariño ) que saben de la historia de la condecoración. Si antes Ramón de Tono se entera de algo espero que nos lo haga saber.