2002.- Ás 15.15 do 13 de novembro saltan as alarmas. O 'Prestige', un petroleiro máis longo que dous campos de fútbol e con 76.972,95 toneladas de fuel, encóntrase en apuros a escasas millas de Fisterra. A tormenta é endiañada. Catro días despois, o chapapote inunda a costa de Galicia e desencadéase a peor catástrofe ecolóxica da historia contemporánea española.
Para rematar esta cronoloxía un feito triste, un episodio onde se mesturou a desgraza e a incompetencia, unha traxedia que emporcallou as nosas costas e as nosas vidas, a marea negra provocada polo accidente e posterior afundimento do "Prestige"
Pero ás ondadas de fuel que chegaban a terra contrapúxose a unha enorme marea de solidariedade. Primeiro a nosa xente do mar, que con mais valor que medios, con mais arroxo que fortuna, votáronse o mar para coas súas propias mans tratar de salvar o que se puidese. Todos lembramos aquelas imaxes repetidas hasta a extenuación en tódolos medios de comunicación; A imaxe da desesperación, a da impotencia, a da ira. Mariñeiros a bordo das súas embarcacións , con trueles, con caldeiros, coas súas mans espidas, con mais vontade que fortuna, tratando de que o fuel non chegase a costa.
Logo outra marea, a dos voluntarios, os que nunca serán ben agradecidos por moitos homenaxes e recoñecementos que se lle fagan.
Eu lembro aqueles días como se a memoria estivese fundida, mesturada no medio de unha espesa néboa. Primeiro o estupor, logo a carraxe e mais tarde a solidariedade. Homes e mulleres traballando cóbado con cóbado, armando barreiras, tecendo redes, repartindo os poucos medios dos que se dispoñían para tratar de conter as ondadas de fuel. Embarcándonos en calquera barco para tratar de evitar o inevitable. Logo a desolación. Saímos o mar para tratar de parar as balas a peito descuberto pero esas balas feríronnos para sempre mortalmente ó corazón.
Que mais da agora quen fose o responsable daquela traxedia... Pero si somos responsables de tratar que unha desgraza como aquela non volva a acontecer NUNCA MAIS.
Todos a unha no peirao de Muros
O Prestige foi construido no ano 1976, tiña 243,50 metros de eslora e 34,40 metros de manga. O día 13 de Novembro atopábase aproximadamente a 28 millas de Fisterra ó mando do capitán grego Apostolus Magouras e con vinte e sete tripulantes en total, na súa mayoría mariñeiros filipinos. A pesar de ser un buque monocasco de 26 anos de idade, levaba unha carga de 77.000 toneladas de fuel. O seu destino era para case todos Xibraltar, para os ingleses era Singapur e alguén , nun intento de conciliar versións dixo que ía rumbo Singapur con escala en Xibraltar. Ninguén acertou o seu destino, porque por desgraza, por azar ou por incompetencia veu ficar as nosa costa!
Armando unha barreira de rede
As primeiras informacións dos medios de comunicación apuntaban a que o noso protagonista tiña armadores gregos, estaba rexistrado por unha compañía de Liberia e a carga que transportaba era dunha empesa con base en Suiza. A todo este barullo de nacionalidades hay que sumarlle que o barco levaba o que se chama bandeira de conveniencia, neste caso das Illas Bahamas.O beneficio do que gozan este tipo de barcos abandeirados de conveniencia é básicamente que as normas que aplican son as do país do que levan a bandeira, polo que se soen escoller países que non teñen suscritos convenios internacionais en mateira naval, o que fai que as medidas de seguridade esixidas sexan mínimas. Outras ventaxas deste tipo de bandeiras son que esconden paraísos fiscais moi ventaxosos para a empresa propietaria do buque.
O Prestige, envolto nun forte temporal, lanzou un SOS a 28 millas de Fisterra. O buque tiña unha vía de auga por onde comezaba a ter unha pérdida de carga. Esta vía de auga foi a que provocou que se dese a voz de alarma. Esa mesma tarde foron rescatados tódolos tripulantes excepto o capitán, o primeiro oficial e o xefe de máquinas. No primeiro día, o barco soltou unhas 3.000 toneladas de fuel nas nosas augas. As autoridades competentes na materia dispuxeron que non era conveniente que o barco se achegase a unha ría ou a un porto para vaciarlle a carga, polo risco medioambiental que isto supuña. Así que decidiron, dende logo non parece que guiados pola lóxica, envian barco, que cuspía xa inferno pola fenda do seu costado, para según decian, tratar de evitar unha catástrofe. Logo de moitas horas de dúbidas e indecisiós, e tras evacuar os últimos tripulantes que aínda quedaban a bordo, o Prestige , remolcado polo "Ria de Vigo" pon rumbo ó suroeste. Mentres autoridades marítimas e políticos nosos e alleos xogaban a "afundi-la flota" dende os sillóns dos seus despachos, ó fuel vertido chegaba ás nosas costas emporrudo polos ventos do terceiro e cuarto cuadrante que reinaban eses días.
A bordo do Tamara e Yaiza
Para pescar chapapote
A bordo do Sidri Rober recollendo "galletas" de fuel
Pódese ver o chapapote no mar
Así todo o mar
Soedade e desesperación
Castor coas suas mans moi limpas, eran outros os que a tiñan manchadas
Pescamos fuel en vez de peixes
O Tamara e o Meira da Costa remolcando unha barreira para tratar de conter a entrada de fuel na ría
O Tamara e mailo Meira saindo da ría
Saimos a bordo dun bateeiro a recoller chapapote
As proas manchadas
É noite e sen visibilidade temos que volver para terra
NUNCA MAIS-NUNCA MAIS-NUNCA MAIS-NUNCA MAIS-NUNCA MAIS-NUNCA MAIS-NUNCA MAIS
Para saber mais: Consecuencias medioambientales derivadas del hundimiento del "Prestige"
Días de dolor solo con ver como estaba todo, pero personalmente días tristes por la reacción de pasotismo de mucha gente del pueblo.Mis hijos/a y marido estuvieron voluntarios quitando chapapote en el Ancoradoiro,también había forasteros ayudando y aguantando que muchos de la zona los trataran poco menos que de tontos porque ellos estaban contratados por tragsa,pagaba la consellería etc...
Por todo ello valoro muchísimo la generosidad de la gente que estuvo allí sin esperar nada a cambio.