Na madrugada do día 30 de novembro do ano 1910 desatase un tremendo temporal de NW. nas costas galegas.. Dous barcos perderanse a consecuencia dos fortes ventos. Un deles é o balandro Goday, propiedade dun industrial conserveiro da ría de Muros. O Goday traia ruta de Vigo e pretendía entrar en Muros a tarde do dia 29, pero sorprendido na súa travesía polo inesperado furacán, pasou moitas horas tratando de gañar barlovento e poder entrar na nosa ría.  Cerca das oito da mañá conseguiron chegar as inmediacións de Monte Louro, e cando se crían xa a salvo, un forte refacho de vento envorcou o Goday . Dende a praia de San Francisco, a veciñanza da parroquia de Louro contemplaba o naufraxio sen poder facer nada. Algúns homes intentaron botar a auga unha das lanchas que se atopaban varadas no areal , pero a forza das ondas envorcouna nada mais tocar auga. Impotentes tiveron que ver como os malpocados mariñeiros do Goday trataban de gañar a costa a nado, conseguindo chegar a terra catro dos seus cinco tripulantes; tan só o veciño de Muros, Luciano Vázquez, non foi quen de acadar chegar a terra desaparecendo no medio das vagas.

O segundo naufraxio que ocasionou o temporal dese dia foi o do vapor de pesca "Princesa de Asturias" que tiña base no porto da Coruña, e que foi sorprendido polo temporal en augas próximas as illas Sisargas, mentres se dedicaba a pesca do Ollomol. Nese naufraxio pereceron doce dos seus tripulantes, tan só se salvou o seu patrón que despois de pasar mais de tres horas no mar foi recollido por outro pesqueiro que faenaba nas inmediacións.