Esta semana estivemos pescando na altura da Coruña. A escaseza de xurelo nas augas próximas a Muros obrigounos a desprazarnos hasta aló.

O martes logo de pasar dous días no mar entramos no peirao herculino para descargar a pesca. Os barcos de Muros temos por costume pasar unhas horas en porto logo da descarga, entramos o redor das nove ou dez da noite e logo de efectuada a descarga na lonxa buscamos un atraque para pasar esas catro ou cinco horas que nos permiten aprovisionarnos, dar un paseo polo porto e descansar un pouco antes de comezar de novo a faena.

Pero o atracar nun lugar baleiro da mesma dársena da palloza, chegou o noso carón un coche patrulla da policía portuaria con dous axentes a bordo que nos advertiron que non podiamos quedar atracados alí, so arriscarnos a ser sancionados e comináronnos a que saísemos para o mar o no seu defecto nos fosemos para a dársena de Oza; Dársena que esta situada nas aforas da Coruña e que non dispón a esas horas de ningunha clase de servizo. A única cantina que hai, pecha as dez da noite pois naquela afastada dársena tan so se atopan os barcos do Gran Sol que logo da súa marea  pasan o seu período de varios dia de descanso, os pesqueiros que teñen aviría, ou os vellos cascallos que agardan ser despezados.

Os dous axentes da autoridade portuaria expliqueilles que tan so iamos pasar en terra catro ou cinco horas e que no atraque onde nos atopabamos nese momento nos molestabamos a ninguén, pero eles erre que erre volvéronme a repetir que se quedabamos alí iamos ser sancionados. E de subliñar que nos peiraos que se atopan na fachada da cidade e que están dedicados para o trafico mercante, (Aduanas, Baterias, Calvo Sotelo norte e sur, e muelle do Centenario) sempre posúen infinidade de atraques baleiros nos que tampouco nos permiten atracar. Hasta aí chego, pois entendo que eses peiraos se dediquen os fins para o que están destinados, atraque de mercantes se os houbese. Pero a dársena da Palloza é o porto pesqueiro onde por obriga temos que efectuar a descarga e logo de facelo na lonxa que temos que deixar libre, hai outros atraques na mesma dársena, sempre dentro da zona pesqueira, onde poder pasar unhas horas sen molestar a ninguén.

Pregúntome, a quen molestamos por pasar unhas horas atracados alí, acaso teñen medo de que saiamos do recinto portuario vertidos cas nosas roupas de augas a pedir esmola polas rúas da cidade ou asaltemos armados con unha agulla de atar os pacíficos transeúntes.?

Acaso é que molestamos a vista de outros armadores que obrigan a saír os seus barcos para o mar sen permitir que as súas tripulacións poñan sequera un pe en terra?

Ou quizá a Autoridade Portuaria estea achandando o camiño para cando o porto exterior estea rematado e queden libres de mercantes os peiraos da cidade, incluírnos a nós no mesmo paquete e poder así dispoñer tamén da dársena da Palloza para como xa fixeron antes na dársena da Marina , Centro comercial El Puerto e Palexco, facer as súas especulacións inmobiliarias .

Non quero pensar que os axentes da autoridade portuaria, herdeiros que son daqueles antigos celadores que xa fai mais de 25 anos acosábannos da mesma maneira hasta que conseguían unhas poucas pescadas ou un rape que eran a chave máxica que nos permitía atracar onde queriamos, muelles mercantes incluídos. Xa digo, non quero pensar que esa sexa a motivación que os move a acosarnos, pero a experiencia dime que...

Quizás os que leades isto vos parecera un problema menor, pero para os que chegamos do mar e queremos pasar unhas horas de descanso antes de volver para a faena; Para os que dispoñemos de un tempo moi limitado e queremos ir o bar do porto a tomar un café e charlar cun compañeiro fora dos agoniantes mamparos do noso barco, ou simplemente estirar as pernas vendo a alguén de xente no noso paseo, parécenos un despropósito gastar ese tempo cambiando o barco de dársena.