Un dos sucesos mais asombrosos que podo lembrar na miña dilatada vida como mariñeiro, é "o do farol".
Foi tan grande o desconcerto e a conmoción que xerou entre os meus tripulantes e un servidor mesmo , que decidimos non contarllo a ninguén ao chegar a porto, pois temiamos que nos tomasen por ilusos ou por mentiráns.
Aconteceu un día de verán alá polo ano 90 do pasado século. Un día que o mar era como unha balsa de aceite e no que non había ningunha brisa.
Faenabamos ao Oeste de Cabo Vilán nas proximidades dun casco denominado Celta; Ao estar tan calma decidín aproximarme mais do que sensatamente debe facerse, coas redes ao casco , con tan mala fortuna que prendemos as nosas redes nel.
Despois de varias horas fomos capaces de desenganchar as redes do pecio , sen mais avaría que a rede rota e a perda de tempo.
Non obstante ao baleirar o contido do saco na cuberta, a pesca resultante foi boa. Preparamos outra rede e volvemos a largar.
Logo, mentres os mariñeiros seleccionaban a pesca , ocorreu algo inaudito , do que aínda hoxe en día despois de tantos anos resístome a crer o que ollaron os meus ollos. Porque non o dubidedes nin un solo intre, iso e soamente iso , foi o que estes olliños que os vermes han de comer un día , viron.
Un obxecto estraño de metal apareceu entre a pesca!.
Baixei a cuberta para ver o que era, e ao observalo mais de preto vin o que parecía unha especia de caixa de latón coa forma dunha pequena casa e cunha porta en cada un dos seus lados, e no seu pináculo tiña unha argola para podelo pendurar , non mediría mais duns 30 Cm. De alto por 10 de lado.
Era claramente un farol de aceite dos que se usaban antigamente para nas noites de navegación alumear e así facerse visible para outros posibles navíos que navegasen tamén pola zona.
Un mariñeiro alcumado "O Valente" pugnaba para abrir algunha das portas do farol e cando por fin o conseguiu cal seria a nosa sorpresa ao poder ver... que o farol estaba aceso!. Unha feble luz tilitaba no interior do farol.
"Ou Valente" non fixo honor ao seu nome neses momentos , foi tal o seu susto, que guindou o farol aceso polo costado coma se cousa do diaño fose o que acababa de ver.
Durante moito intre , mentres o farol regresaba de novo ás profundidades (das que nunca debería haber saído), puidemos ver aínda a súa luz. Logo , nada.
Quedamos todos un bo intre atónitos , sen mediar palabra entre nós , ata que se nos foi pasando o pasmo e o susto.
Decidimos non contarllo a ninguén no porto, pois ninguén nos houbese crido e tomaríanos por mentiráns ou por algo aínda peor.
Aínda hoxe en día ao lembrar aquela lúgubre e tenue luz daquel maldito farol, volvo a estremecerme coma se o estivese vendo de novo.
3 comentarios
Escribe un comentario
Los comentarios están cerrados
« "Habemus Boda!" | Inicio | O Vello que mira »
¡¡¡ osti tú !!! ¿ es una leyenda o es algo real ? porque es para quedarse acojonaditos.
Sonche cousas do demo! eso di a xente por sucesos de apariencia absurda. Pero está visto que esto foi certo, Un pouco de medo da.
Este é un vello conto adaptado por min, que fala de dous mariñeiros mentirans contandose as suas batallitas.
O primeiro fala de que un día pescou nas suas redes un candil aceso, e o segundo dille que pescara un congro de mais de sete metros.
O primeiro, sabedor de que noi hai congos tan grandes, pidelle que lle saque metros o peixe, e este responde
- Se queres que eu lle saque metros, entón ti apaga o farol.
Apertas