Fábrica de salgadura de sardiñas situada en Anido, parroquia de San Xoán de Serres, Muros.As dependencias desta fábrica serviron nos primeiros anos da Guerra Civil como centro de detención para presos republicanos cántabros e asturianos. Hoxe en día as súas instalacións albergan un restaurante
Durante os anos que durou a Guerra Civil, en Muros establecéronse dous campos de concentración de prisioneiros. Un na fábrica de Vieta, propiedade de Salvador Roura Vieta e que nos anos 70 foi vendida o seu actual propietario Daniel Rodríguez Blanco e que está sita preto do Rebordiño, e o segundo na fábrica de Anido, que era propiedade da familia de asentadores cataláns "Romaní" e que está situada o pe da praia da Virxe.
Teño escoitado testemuñas de veciños que contaban das penurias que pasaban o prisioneiros, a maioría deles combatentes é represaliados cántabros e asturianos, que logo da caída da fronte do norte, foron conducidos a estas dependencias en espera de ser xulgados ou enviados para os famosos batallóns de traballadores forzados.
A vida nestes campos a pesar de non ser doada pola falta de adecuación das dependencias para albergar prisioneiros, era mitigada pola axuda que recibían de moitos veciños. Uns movidos pola compaixón e a caridade, e outros por que tiñan algún familiar loitando no bando nacional, trataban de dar exemplo así, por se os seus caian presos dos republicanos.
Con respecto a isto contase una anécdota dunha muller da Acea que levaba comida para os presos, e vendo como un militar maltrata a un deles dille.
- Mire señor, teño tres fillos na fronte. E se caeran prisioneiros quixera que os tratasen mellor do que trata vostede a este pobre home.
O rúa que vai dende a estrada xeral hasta ate á fábrica de Anido, foi ancheada é asfaltada polos presos do campo que estaban ó mando do Capitán Pardal Vidal. Un home o parecer de bos sentimentos e que trataba os presos con compaixón.
Aínda hoxe en dia ese camiño que baixa ate a antiga conserveira leva o nome de "Rúa do Pardal". Creo que seria mais axeitado que se chamase "Rúa de Pardal", pero supoño que quen puxo o rótulo non sabia a quen facía honor o nome da calle.
Cóntase tamén o caso dunha muller asturiana que veu a Muros na procura do seu fillo preso en Anido. Esta muller hospedouse varios meses no "Retiro de Valdexeria" ate que finou. Contan que o Capitán Pardal permitiu que os presos puideran asistir ó enterro da muller no cemiterio de Serres.
En Vieta (contas as testemuñas), que os presos tiñan un militar de comandante mais rigoroso que ó Capitán Pardal. Este militar non permitía que os veciños achegasen comida para os presos nin que os prisioneiros saísen en ningún caso fora das dependencias de esta conserveira. Contan tamén que de Vieta puideron fuxir tres presos que se refuxiaron nas abas do monte Pindo, e que axudados polos veciños non foron capturados.
Nos campos de Muros os prisioneiros trataban de matar as horas mortas facendo pequenos traballos manuais. En Vieta, contan as mesmas testemuñas, facían barquiños dentro de botellas e en Anido fichas de dominó e caixiñas de papel de barba endurecidas con goma de laca.
Nos Campos de Muros , o parecer tan só se rexistrou oficialmente unha morte. Foi a de Pedro Boto Riesgo, asturiano de 75 anos, solteiro. Preso en Vieta e que fina ó 17 de xaneiro de 1938 a causa dunha hemorraxia cerebral. Aínda que moitas testemuñas aseguran que foron varios mais os mortos en ambos campos.
No Rexistro Civil de Muros figura a acta de defunción deste preso.
"En Muros, provincia de La Coruña, a diecisiete de enero de 1938, ante D. Abelardo Dubert García, Juez Municipal y D. Manuel Sánchez Rodríguez, Secretario, se procede a inscribir la defunción de Pedro Boto Riesgo, de setenta y cinco años de edad, natural de Santa Marína, provincia de Oviedo...accidentalmente domiciliado en Muros, ...de profesión desconocida y de estado soltero.
Falleció el diecisiete de Enero a las siete horas y cuarenta y cinco minutos a consecuencia de hemorragia cerebral según resulta de certificación facultativa...y su cadáver habrá de recibir sepultura en el cementerio de Muros.
Esta inscripción se practica en virtud de oficio del Sr. Capitán Jefe del Campo de Concentración de prisioneros de Guerra de Vieta de esta villa...Habiéndola presenciado como testigos D. Waldo Mouriño San Juan y D. Manuel Fabeiro Gómez, mayores de edad y vecinos de esta localidad."
É de salientar que durante os anos da Guerra Civil, moitos dos axustizados ou "paseados" que foron mortos cun tiro na caluga, figuran nos rexistros como falecidos a causa dun derrame cerebral! Macabro eufemismo para limpar conciencias de asasinos. Non sei se este é o caso?
Copia da orixinal Acta de defunción de Pedro Boto Riesgo, que existe nos libros do Rexistro Civil de Muros.
Ëu tratara de buscar informasión sobre os campos de concentración e do de vieta non sabía nada, e sí do de Anindo. pero buscando en internet salírame a fabrica de sel como prisión nunha foto polo que sendo da vila supuxen que estaba mal. Gustaríame ter mais información sobre esto, ou sobre a guerra civil en Muros xa que algún dos meus antepasados tuvo unha relación bastante directa nestes feitos.
Ola rei.
Como ben sabes, os temas e todo o referente os anos da Guerra Civil en Muros, durante moitos anos foron tabú entre as xentes da vila, e aínda que todos sabían sobre os feitos que ocorreran, ninguén falaba deles por medo.
Actos tan viles como os asasinatos do deputado a Cortes por Melilla, Don Luís Barrena e Alonso de Ojeda, a quen viñeron a buscar ao seu domicilio de Muros para logo ser asasinado no lugar da "Coviña" na parroquia de O Freixo, a morte do Señor Pedro Priegue de Torea que foi morto é enterrado en San Xusto cando era levado detido para Santiago, ou a do mestre de Louro, un rapaz novo de Santa Comba o que mataron no camiño que vai de Louro hasta a lagoa... foron cousas que por moitos anos estiveron "silenciadas", sabíase, pero ninguén se atrevía a comentalo.
Podes atopar algo mais de información sobre estes feitos aquí en Homes de Pedra en Barcos de Pau na sección "Cronoloxía Muradana" e hai tamén algúns libros "poucos" que falan sobre os temas os que nos referimos.
Unha aperta rei e un dia destes quedamos e comentamos un pouco sobre todo isto.
manolo, ¿podesme decir se tes algunha información sobre os sindicatos que actuaban en Muros e os seus dirixentes durante o alzamento do 36?.
Desconocía la existencia de los campos de concentración de Muros. Sus entradas en el blog me han permitido situar mejor la circunstancias vitales del médico Carlos Mingote, ya que me faltaba información. Estoy haciendo una segunda edicion ampliada y corregida de un libro sobre los medicos gallegos represaliados en la Guerra Civil y posguerra. Saludos y gracias por la información.
Algo puede ver en http://www.ourensedixital.com/meds_reps/index.htm
Rey
Non teño datos concretos sobre os nomes dos dirixentes sindicais no período de anteguerra en Muros, aínda que penso que non será demasiado complicado obter algún dato.
Hai un traballo publicado de Dionisio Pereira "O ASOCIACIONISMO DOS PESCADORES NA GALIZA DE ANTEGUERRA: UNHA OLLADA DE CONXUNTO" que che podería orientar algo sobre a acción dos sindicatos naqueles anos.
Unha aperta
David Simón
En el libro “Galiza na Guerra Civil : Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo” ISBN: C 3664-2007 de los autores Xesús Costa y Xesús Santos. Creo que podrías obtener alguna información más pormenorizada sobre los aspectos a los que haces alusión.
Gracias por el enlace a la información sobre tu libro, el cual me parece muy interesante. Intentaré conseguirlo.
Un saludo