A asociación SORUM para a promoción cultural da vila de Muros, vai organizar os  días do 1 a 3 de Abril de 2010 a terceira exposición de pintura de artistas de Muros no Muíño de Mareas do Pozo do Cachón.

Exporanse obras de Alejandro Senande, Carmen Senande, Fernando Rei, Malís González, Montse París e Pepa Sestayo.

O acto de inauguración, coa presenza das autoridades locais, terá lugar o Xoves Santo día 1 ás 12 horas e a Asociación SORUM desexa facer partícipe do mesmo a todos os muradáns e ás persoas que nos estean visitando nestes días tan sinalados.

Estamos seguros que vai ser un éxito de público pola calidade das obras expostas similares a que tiveron as duas realizadas en anos anteriores e desde aquí queremos facer chegar a nosa especial felicitación aos autores, á Asociación SORUM, aos organizadores, aos patrocinadores e a todos aqueles que van facer posible a súa realización.