Hornacina da rúa da Ánimas
Está colocada na fronte da casa que foi de José Quinteiro na rúa de Arriba, xunto ao río das Ánimas, ao que dá nome. Contén un cadro de alto relevo en madeira de 80 por 65 centímetros. Nel están talladas a imaxe da Virxe da Carme no alto co Neno en brazos, de cuxa man pende un escapulario que colle unha das ánimas que están na parte baixa do cadro entre chamas, No lado dereito a figura de Santo Domingo co rosario colgado que recolle outra das ánimas, e ao esquerdo a de San Francisco co cordón da Orde que recolle a outra alma. Este nicho estivo colocado na esquina da citada casa, nas ruínas dunha parede e ao erguerse a nova edificación foi colocada onde hoxe está. Na escritura de venda da casa citada consta unha cláusula que impón a obrigatoriedade de manter sempre o nicho da fachada, como condición precisa das transmisións sucesivas de dominio. Lémbrase na devandita escritura a moita antigüidade do citado cadro.
Hai unha copla popular que facendo alusión á imaxe di:
Miñas ánimas benditas
Que estades o pe do río.
Tende conta de Xuana
Que non se morra de frío.
A mensaxe pretendida polos petos é que quen nos atopamos neste mundo debemos ser solidarios con quen están máis aló da morte. A nosa axuda pode modificar a súa situación e reforzar os vínculos de unión cos antepasados. Foron moitas as veces que pasei por éste peto, pero nunca me parei a pensar o seu significado e por que o colocaron aí. Tampouco sabía o da copla popular. Moi interesante !!!!
Un saúdo
Mila
Cantas veces pasan as cousas por diante dos nosos ollos e non nos decatamos delas nin lle buscamos o motivo de porqué están aí.
Este peto das Ánimas é unha delas. Estaba aí de toda a vida mudo, sen “espentenexar” pero tamén ten a súa pequena historia, como tantas e tantas outras cousas.
Unha aperta Mila