O pasado sábado , día primeiro de Maio, celebrouse na localidade de Cee a "Festa da Muiñeira", unha concentración de grupos folclóricos coa asistencia de numerosas formacións de toda a contorna.
A representación de grupos do concello muradán estivo composta por tres grupos das diferentes parroquias do municipio: a agrupación folclórica Ximiela, de louro; Xeitura, de esteiro e pola asociación cultural Faltriqueira de Muros.
Esta última asociación xa de longa andaina na vila e despois de varias remodelacións e cambios de directiva, renace agora das súas cinzas e está presidida por don Vicente Brea Soto; a súa finalidade é divulgar a cultura galega, mais concretamente o seu folclore.
Dita asociación que na actualidade esta composta por trinta e dúas persoas, as que a maioría son maiores de corenta anos, aínda que tamén participan mozos e nenos, abrangue as actividades de baile , gaita e pandeireta.
No pasado ten actuado en varias localidades, acadando varios premios, e logo de estar inactiva durante dous anos, fíxose cargo dela esta nova directiva, dando así comezo unha nova andaina para esta xa veterana formación.
Desexamos que Faltriqueira poda seguir avanzando na súa labor cultural, e poña en valor a nosa música, as nosas tradicións e a nosa cultura.
Aquí vos deixo unha escolla de imaxes do pasado sábado en Cee.
A.C.D.E.O. FALTRIQUEIRA
Juan Ramón, Toña, Pepa e Cholo
Cira, Maruxa e Gala
Pasa rúas por Cee
A Mocidade de Faltriqueira
Maruxa
Pepa Maruxa e Manuel
Pepa e Alberto
Iria e Alberto
¡ Quen me dera estar ahí ! Cando me xubile xa non vou a estar para muiñeiras.
como sentin non poder bailar,espero faselo o prosimo inverno.estiveron moi ben
como sentin non poder bailar,espero faselo o prosimo inverno.estiveron moi ben
Está moi ben que a xente se una para recuperar o saber tradicional e popular que oferta a nosa cultura, xa que este tamén é un xeito de pasalo ben. Precisamente esa é unha das facetas da Asociación Cultural Seixebra, de Moraña en Pontevedra.
Por se algún día estades interesados en ensinarnos o voso labor e compartilo con nós enriba dun escenario ou sinxelamente saber que existimos, deixamos aquí o noso contacto: http://acseixebra.blogspot.com/
No blog podedes atopar un mail, e teléfono de contacto, así como acceder ao noso Facebook e a imaxes das nosas actuacións e actividades.
Saúdos dende Moraña
Gustame volver a ver o grupo que eu creei camiñar de novo. Todo o que se faga pola recuperación do noso folclore e da nosa música non está de mais. Agora son os nosos fillos os que teñen que seguir coa labor que comenzaron seus pais. Moita sorte a todos e que este sea o principio dunha longa andaina.