Nestes tempos nos que a información é instantánea e todos podemos acceder ás novas tecnoloxías e beber nas fontes da globalización para saciar a nosa sede de sabedoría. Nestes días nos que as costumes importadas fanse cotiáns e pérdense arreo as identidades propias en favor de usos e costumes importados... Ata os enterros e os velorios son ben diferentes do que non fai moitos anos o eran!
Os velorios de antano, non e que fosen mellores ou peores que os de hoxe en día, pero si que eran ben distintos. Na casa do morto coas portas abertas de par en par e coa viúva postrada ao carón do seu finadiño e arroupada por unha lexión de mulleres; na habitación principal da vivenda , convertida en improvisado tanatorio onde se rezaban interminables rosarios solo interrompidos polos periódicos laios da desconsolada muller do defunto.
Os homes na cociña, entre cafés e copas de caña, acompañaban aos membros masculinos da familia. O preceptivo ao chegar alí era dar o pésame aos deudos e murmurar unhas palabras de apoio e condolencia para logo buscar un curruncho ao carón de algún coñecido para que che contase como foron os derradeiros momentos do finado e comentar os consabidos tópicos de... "non somos ninguén" e "estamos no mundo para isto", ou "tanto traballar e loitar, para que?". Logo, dependendo da familiaridade ou da amizade que te unise coa familia do finado, pasabas máis ou menos tempo de conversa cos presentes, tomábaslle un par de cafés e unha copa e marchabas ata o seguinte dia do enterro. Ese día , t congregabámonos todos para acompañar no seu último viaxe ao finado. O momento culminante era cando chegaba o cura e a viúva agarrada con todas as súas forzas ao cadaleito, berraba as derradeiras palabras de despedida ao que ata ese día fora seu compañeiro. As veces eran berros sen sentido ou laios desgarrados e desgarradores , pero nunha ocasión escoitei unha despedida, que apesares do tráxico da situación, entoxóuseme "chusca".
Foi algo así:
"Adeus, meu Juanitiño! Agora vas para unha casa nova... Que fría a atoparás!
Que agardes alá por moito tempo antes que eu e os nenos nos xuntemos contigo. Ai! Juanitiño, meu Juanitiño, que soíña me deixas... Quen me consolará agora nas miñas mágoas, e a quen me volverei durante a noite?".
Este blog é fantástico, eu não tinha visto nenhum semelhante antes. Tenho que aceitar eu achei por um golpe de sorte, mas estou impactado com a sua qualidade. Eu espero que você continue postando com a mesma paixão que você fez aqui.