Gústame a Ópera! Non é que eu sexa un entendido, nin moito menos neste arte, pero goréntame escoitala. Cantas veces, no mar, estando só na miña garda de ponte, aliviaba a soidade escoitando a Rossini, a Verdi, a Mozart ou a Wagner. A música destes grandes compositores interpretada polas mellores voces do panorama operístico deste e do pasado século, adobiábanme as longas horas de traballo coas súas alfaias musicais.
Pero como en todos os xéneros da vida hai esperpentos, na Ópera non podía faltar o seu particular. E esta é, mellor dito foi, a "interprete" estadounidense, Florence Foster.
Din con ela grazas ao azar. Remexendo polo Internet na procura de distintas interpretacións para un mesmo tema, atopeime con esta nova "alfaia" pero que non brilla precisamente polas súas virtudes, se non por todo o contrario.
Todo un exemplo de ineptitude e de falta de vergoña mesturado. Se algúns que andan pola vida de "Marters" do universo se viran reflectidos na patética imaxe da Foster, a cantidade de esperpentos que hai, reduciríase considerablemente.
Esta é unha pequena descrición da vida desta "diva"
Filla dun millonario industrial de Pensilvania, Foster sempre tivo o capricho de dedicarse ao mundo da música. Tomou clases de canto sendo nena, pero rapidamente aconselláronlle que non se dedicase a iso debido ao seu nulo talento para a lírica. Florence Foster non quixo desistir do seu sono e sendo aínda case unha nena márchase da súa casa destino a Filadèlfia, alí casouse co Dr. Frank Thornton Jenkins de quen se divorciou pouco despois. En 1909 e tras o falecemento do seu pai, Florence recibiu unha cuantiosa herdanza que lle permitiu acomodarse luxosamente en Nova York e alí dedicarse ao que máis desexaba: formar parte da vida musical da cidade. Converteuse en asidua a todo tipo de evento musical e comezouse a ver acompañada polo pianista Cosmé McMoon. Florence Foster, gastou parte da súa fortuna en intentar cumprir o seu sono e financiarse pequenos recitais aos que tan só acudía xente de seu circulo máis intimo. Incluso chegou a gravar tres discos que regalaba ás súas amizades. En 1944, con 76 anos e tras un accidente en taxi, en que descubriu que podía cantar un Fa máis alto, decidiuse a dar un concerto multitudinario no Carnegie Hall de Nova York. Non se sabe ben por que, pero en cuestión de poucos días as entradas para o devandito recital esgotáronse... Florence Foster convertérase en todo un símbolo dentro dos círculos musicais da cidade. Pero Florence Foster pasará á historia por ser a peor cantante de opera da historia e a pesar do seu innato sentido arrítmico e atonal non desfaleceu no seu empeño de dedicarse á súa gran paixón que era a música. Incluso nunha ocasión chegou a dicir a un xornalista: "A xente pode dicir que non sei cantar, pero ninguén poderá dicir nunca que non cantei". No ano 2005 estreouse en Broadway un musical sobre a vida de Florence Foster chamado "Recordo: A Fantasia on the Life of Florence Foster Jenkins", que actualmente está de xira polos Esta
dos Unidos.
Yo no es que entienda de opera pero canta mal de cojones.